Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Menos coches oficiais

lunes, 19 de diciembre de 2011
Hai decisións que, por principio, caen ben entre os administrados. Unha delas, de xeito especial, a supresión de coches oficiais directos entre as diversas autoridades da Xunta de Galicia.
A Xunta estructurouse, vai para tres décadas, a imaxe e semellanza da Administración central, a falta de outros exemplos nos que mirarse, xa que a administración autonómica nacía daquela simultáneamente con outras autonomías, e só Cataluña tiña antecedente claro naquela Generalitat do tempo da República para establecer as líneas básicas de organización do seu goberno e da súa administración.
E mesmo os seus cadros (Os da Xunta) enchéronse con especialistas procedentes da mesma administración central á que ían sustituir en moitas materias, e a complementar en definitiva. Así, os xefes de servicio a escala provincial puideron pasar a xefes de servicio na capital autonómica, ou mesmo delegados provinciais das consellerías; os delegados provinciais dos ministerios puideron acceder a conselleiros. Foi unha promoción rápida e se acaso lóxica, xa que se se ía nutrir a nova administración de especialistas había que botar man dos existentes porque facía falla moito tempo para buscar e formar outros novos, con especialización autonómica.
E os signos externos fixeron a súa aparición, sendo o máis “visible” os coches oficiais de presidente, conselleiros, directores xerais, delegados provinciais... ademais dos correspondentes a técnicos e especialistas que por razón do seu traballo debían dispor dun vehículo da Xunta para os seus desplazamentos.
Agora, por decisión presidencial, a Xunta ven de retirar o coche oficial á inmensa maioría dos seus cargos, quedando exclusivamente para o goberno e os seus delegados territoriais. O resto de autoridades e altos cargos poderán dispor para os seus desplazamentos de vehículos oficiais do parque movil, pero non de xeito exclusivo senón de acordo coas rotacións ou necesidades do servizo. A entrada en vigor vai ser no inmediato 2012, afectando a un cento de altos cargos da Xunta que, a partir de entón, mesmo terán que compartir coche nos seus desprazamentos segundo as necesidades e as posibilidades.
Pasar de 160 coches oficiais en exclusiva a só 16 calcúlase que vai supor o aforro de 1.300.000 € ao ano. Pero con ser un aforro importante non é a lección máis importante a obter desta decisión. Queda patente a decisión de normalizar unha administración, que nos seus comportamentos debe semellarse cada vez máis á das empresas e ás das persoas ás que serve. É unha decisión xeitosa, moito máis ca un xesto, que debe ser un síntoma de futuro comportamento noutros moitos ámbitos.
Editorial
Editorial


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PROMOCIÓN
PUBLICACIONES
Publicaciones
Publicaciones Amencer
Revista Egap
Obradoiro de Artesania