Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

O Jesús Nazareno

lunes, 19 de diciembre de 2011
Días pasados tivo lugar un emotivo acto, moi concurrido, na homenaxe ós naufragos, dende a lembranza da meirande traxedia mariña ocurrida en Foz: o afundimento do “Jesús Nazareno”, o 18 de xullo de 1945, cando a flota, tralas festas da Patroa, voltaba ó mar, en plena costeira do bonito.

O drama é coñecido e tristemente recordado, porque na mente e no corazón das nosas xentes endexamais se afastaron os sentimentos da imborrable vivencia; feito luctuoso que quedou na memoria popular como referencia primeira de tanta dor que o mar ten levado ós fogares mariñeiros e ó seu entorno.

Doce náufragos, oito viuvas e 27 orfos cando a vila rondaba os dous mil habitantes Ó día seguinte El Progreso publicaba a noticia que enviara don Xosé Trapero Pardo, redactor do mesmo, veraneante en Foz, na que, entre outras cousas decía: “… en El Campo de Foz – cuadrilátero que agrupa las viviendas de los pescadores y que ostenta casi siempre el lápiz pardo de los aparellos tendidos al sol – se esperó en vano el retorno de la embarcación… Pero el “Jesús Nazareno” no podía ver ya los guiños de los faros de Tapia, Vares, San Ciprián, Ribadeo… Ni había de volver a teñirse lívidamente con la luz verdosa de la familiar baliza de Foz…Y hubo llantos en el pueblecito pesquero, llanto en los ojos y duelo en las almas…”.

Este vello cronista era á sazón un neno de 8 anos, coa inmadurez propia da idade e polo tanto non consciente da magnitude da desgracia; pero quedou para sempre fixada na retina dos seus ollos a escena que Trapero describe, de xeito especial, as bágoas dos rapaciños , algúns amigos e compañeiros nosos na escola,. que choraban, sen tregua, a morte do seu pai.¡

Cántas nostalxias, querido Suso Bustamante!.Que o tráxico suceso perdura no fondo sentir da cidadanía díceo a numerosa concurrencia ó acto, organizado polo concello, ó que asistíu o autor da maqueta da lancha da traxedia, que se presentou alí.Os rapsodas Caxé e Xesús do Breogán leron senllos poemas e o coro parroquial cantou a Salve Mariñeira. O público contemplou, polo miúdo, a exposición montada ad hoc. Parabéns á organización.
Fernández, Suso
Fernández, Suso


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES