Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Touriño, Navegante

X.X. - martes, 23 de noviembre de 2004
Precisamente arredor do aniversario do Prestige, Pérez Touriño anda a navegar polos mares da política tentando sortear os escollos que van xurdindo na súa traxectoria, algúns deles propiciados polos seus propios compañeiros de viaxe aínda que navegan en barco máis grande protagonista de diferente singladura.

A nave de Touriño navega con sentidiño galego aproveitando as rachas de vento que veñen das filas dos contrincantes, e procurando seguir rumbo que o leve sen sobresaltos ó porto de outubro de 2005.

Pero o rumbo vese alterado polas escumas rizas que deixa ó pasar esoutra nave poderosa que navega con brío sen mirar a quen pode salpicar ou remover.

E así, de cando en cando, o patrón Touriño tense que dar por aludido e clamar facéndose oir por riba dos berros xubilosos (¡cuan gritan esos benditos!) para dicirlles que se deixen de boureos e concreten se Ave ou non Ave, se Plan Galicia ou Non Plan, se Fondos de Cohesión para o porto exterior da Coruña ou non Fondos...

De paso, loxicamente, ten que dar unha de area e pedir á presidencia da Xunta de Galicia que non faga cuestión electoral do tema senón que dialogue, que xestione, que colabore.

E paralelamente Paco Vázquez, desde A Coruña, tamén fai oir a súa voz sonora advertindo que "toda Galicia tería que plantarse" se A Coruña y Galicia resultasen marginadas.

¿Oído, ponte de mando?. Seguro que sí, que a voz do navegante Touriño tense escoitado na Moncloa, e que o bo sentido ten que indicarlle ó Patrón Maior da Cofradía, gobernante máximo da nave colectiva, que é conveniente non facer oidos sordos. Polo ben da navegación. Polo ben da nave.

¡Que o vento sople de popa, e todos consigamos navegar con ben!.

Independentemente dos temas electorais. Que o que aquí se está tratando é algo moito máis serio.
X.X.
X.X.


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICIDAD
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES