Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Revolución nos medios

lunes, 22 de noviembre de 2004
As recentes xornadas de Comunicación celebradas en Vilalba depararon unha auténtica bomba informativa relacionada co futuro do audiovisual en Galicia.

Deberamos estar xa afeitos a estas revolucións audiovisuais xa que Galicia viviu unha época presuntamente dourada en relación coa séptima arte, quizáis máis de sona que de realidades, pero efectiva e efectista á vez.

E nesto que chega Pérez Varela e anuncia dúas televisións autonómicas públicas (as dúas canles da TVG), dúas autonómicas privadas, 20 públicas municipais e 60 privadas locais. A esto vense unir a radio con seis emisoras autonómicas de carácter público, seis autonómicas privadas, e 120 privadas locais.

Vai ser un bo revulsivo para un sector -o da comunicación- que tende á absorción desde os seus inicios. Desde, precisamente, que as administracións conceden licencias a medios xa existentes para fortalecelos en detrimento de outros que aínda poderían demostrar ou acadar esa fortaleza.

Así foi ocorrendo coas emisoras de radio de alcance local existentes en Galicia que ou son municipais ou están agrupadas ás principais cadeas agás excepcións ben contadas.

Catro televisións autonómicas en Galicia (dúas públicas e dúas privadas) van escenificar unha boa loita pola audiencia e pola publicidade.

Tamén as sesenta televisións locais privadas, as seis autonómicas de radio e as 120 privadas van ter que traballar duramente para poder subsistir. Ou agruparse para combatir conxuntamente, co que a suposta política antimonopolio informativo podería quedar bastante desvirtuada.

De cando en cando, ó mundo dos medios informativos que se convirte en "tradicional"en poucos anos; que se acomoda doadamente á súa posición de poder, venlle moi ben unha revolución deste tipo para que non se acomode demasiado, e para que a Administración faga constar que non está "a velas vir" diante do poder mediático.

Pero esta vez o desafío parece demasiado forte. Claro que, moi posiblemente, todo quede logo desvirtuado polos resultados, e os adxudicatarios dos novos medios van resultar xente coñecida de todos pola súa vinculación cos medios actuais.
X.X.
X.X.


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES