Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Que pare o paro

miércoles, 14 de diciembre de 2011
Unhas declaracións de Pachi Vázquez a Radio Nacional de España auguran para Galicia máis de vintecinco mil parados máis no decurso do próximo ano. E a OCDE augura para España dous anos con máis de cinco millóns de desempregados.
Son prediccións agoreiras, e nós necesitamos creer en todo o contrario; necesitamos confiar en que o paro vai comezar a remitir a comezos co inmediato 2012, polo ben do noso país, tan necesitado dalgunha boa nova.
O pasado mes de novembro, os galegos en paro aumentaron en algo máis de once mil (que se suman aos sete mil de outubro), dentro dos sesenta mil que España rexistrou, sendo polo tanto Galicia a comunidade onde se producíu o maior incremento. Sabido é que novembro é un mes malo para o emprego, pero este foi especialmente malo , de xeito destacado neste fisterra que nos acolle.
Tan mollado chove en Galicia, que nestes momentos hai máis dun cuarto de millón de persoas buscando emprego – máis de trescentos mil figuran no Servizo Galego de Emprego como solicitantes- e temos un total de sesenta e cinco mil familias nas que non traballa ningún membro da unidade familiar, e temos tamén un total de catro mil persoas que non teñen un teito debaixo do que abrigarse, sen que sexa posible establecer unha cifra definitiva porque as axudas a esta xente quedan nas mans do voluntariado, das Ong ou nas das respectivas Cáritas episcopais.
Por encima de calquera outro problema, agora que o terrorismo parece deixar de selo e os políticos se manifestan problema irresoluble, temos o do paro que debe figurar en primeiro lugar, a gran distancia de calquera outro, na axenda de calquera gobernante que teña conciencia do que nos pasa.
Rajoy, presidente in pectore do goberno da nación, confía en que os Reis Magos lle traian un acordo entre a patronal e os sindicatos para empezar a camiñar polo difícil vieiro da economía social, tratando de atopar o comezo dunha solución para este gravísimo problema que nos afecta a todos como membros pertencentes a unha sociedade enferma á que ningún diagnóstico lle proporciona solución para volver á normalidade.
Que non hai que agardar que Rajoy ou calquera que o acompañe dispoña dun “bálsamo de Fierabrás” para solucionar dun plumazo os problemas deste país, pero conformámonos con moito menos: con acordos e con sentidiño, con aforro e con traballo, con tranquilidade e sensatez para que volvamos a confiar en nós mesmos e emprendamos todos xuntos o camiño que nos leve á recuperación e ó emprego. Posiblemente agardamos un milagro. Pero cando a situación está como está calquera cambio a mellor será un milagro.
Editorial
Editorial


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PROMOCIÓN
PUBLICACIONES
Publicaciones
Publicaciones Amencer
Revista Egap
Obradoiro de Artesania