Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

E de novo Grândola

miércoles, 14 de diciembre de 2011
Hai dúas semanas coñecín unha información publicada por Eva Pesquera Solé o 15 de outubro no portal web suite101.net. O titular da nova di así: “El ejército portugués dice ser, servidor del pueblo, no del Estado”. O artigo detalla a situación económica catastrófica á que se enfronta o novo primeiro ministro luso, Pedro Passos Coelho, que debe dirixir un país nunha situación límite; e como o exército lle advirte, ante as medidas postas sobre a mesa, que non tolerará recortes sociais e non reprimirá ao pobo por protestar en contra deles: “que ninguén se atreva a pensar que as Forzas Armadas poden ser usadas para reprimir a convulsión social que estas medidas provocarán ”.
Ao ler a nova, un non pode evitar lembrar o compendio ideolóxico da Revolución dos Caraveis do 74, e pensar que se cadra aínda é posible outro mundo. Se cadra agora os caraveis son outros, pero seguen sendo necesarios. A crítica máis grande que a miúdo se lle fai ao 25 de abril é que non foi capaz de forxar un estado social forte que garantise a igualdade de oportunidades para o pobo portugués. Xa o dicía o himno de José Afonso “em cada esquina un amigo, en cada rosto igualdade”. O propio Zeca dixo nunha entrevista nos anos 80: “resistín os golpes da ditadura, mais non os da democracia burguesa”. De certo, o Zeca pertencía a eses soñadores que, como o propio Otelo Saraiva Carvalho, querían facer de Portugal non só un estado de dereito, senón tamén social. Neste aspecto hai que lembrar as distintas liñas de reforma e ideolóxicas que existiron no seo do Movemento dos Capitáns, distando moito o pensamento de Spínola do de Otelo, por exemplo.
Agora, 36 anos despois, no medio dunha crise feroz e co país intervido, o exército afirma que pertence e débese ao pobo; e que é ao pobo, e non ao Estado, a quen defenderá. Isto quere dicir que Portugal segue tendo un exército con sentido de pobo, non de estado nin de patria. Portugal ten un exército ao servizo da cidadanía, disposto a ser o garante do seu benestar, e a protexer os dereitos dos mais febles fronte aos posibles abusos de poder. A Asociación Nacional de Sarxentos (ANS) é moi clara ao respecto: “aqueles que pensan que poden axitar as cousas ata transformar o período que estamos vivindo nunha guerra contra o goberno cando o que existe en realidade é unha guerra contra o atraso, a débeda e o desperdicio, saberán que sabemos dialogar, pero tamén decidir ”.

Lendo esta nova cabe pensar se é posible outro abril en Portugal, e de selo, se traerá, agora si, ese estado social onde toda persoa merece nacer, medrar e morrer. Este Estado existe no corazón de Grândola, na utopía de Grândola, e certamente é un Estado con sentido de pobo, quizais o único capaz de devolverlle a esperanza ao país veciño.
Santalla, Iago
Santalla, Iago


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES