Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Igape

martes, 13 de diciembre de 2011
O Instituto Galego de Promoción Económica, máis coñecido como Igape, é unha dinámica institución, dependente do Goberno autonómico, para a dinamización do noso tecido empresarial, con especial incidencia no eido da economía das empresas con axudas para o seu desenvolvemento e impulsión, especialmente en base a novos investimentos e creación de postos de traballo.

Precisamente por tratarse de novos investimentos e creación de novos postos de traballo non poden acceder xeralmente ás súas accións ou axudas empresas que están xa en funcionamento e precisan de dinamización para manter a súa actividade ou cadro de persoal, como sería de desexar para evitar –especialmente nestes tempos difíciles- paróns derivados da crise ou de problemas estructurais ou de funcionamento.

Sempre se tivo ao Igape por unha institución seria, de difícil acceso para as pequenas empresas e os autónomos, con maior posibilidade para a gran empresa. Pero sempre na crenza de seriedade e de correcto funcionamento, como cabe supor a calquera institución pública sometida á supervisión do Parlamento e dos órganos de control da Administración civil.

Non lle conveñen ao Igape as novas que o rodearon nos últimos tempos sobre presuntas irregularidades na concesión de millonarias subvencións, que veñen poñer en dúbida unha traxectoria da que ninguén quere dubidar. E a necesidade de luz e taquígrafos sobre os temas dubidosos debe mover aos poderes públicos a investigar urxentemente calquera sospeita de mal funcionamento para corrixilo e, se fose o caso, endereitar o rumbo dunha institución que ten moito que dicir nestes tempos problemáticos no apoio e impulsión do tecido empresarial galego.

Para os que sempre coidamos que as axudas do Igape eran difíciles de conseguir polos estrictos criterios de concesión, ten que haber claridade informativa, escrupuloso funcionamento e publicidade de todas as decisións. Necesitamos seguir confiando no Igape, como en todos os organismos e instancias que gobernan os asuntos que nos competen, que bastante difícil é a coxuntura como para acumularlle outros gravames.
Editorial
Editorial


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES