Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Pontes festivas

lunes, 12 de diciembre de 2011
A efectos de traballo efectivo, a semana pasada foi un auténtico desastre. A colocación tan estratéxica das festas dos días seis e oito orixinou un auténtico desbaraxuste laboral, entendendo agora por que se lles chama pontes a este escalonamento de festivos ao que se agarran traballadores por conta allea e en xeral o funcionariado, aproveitando para o disfrute de días libres ao final do ano.

E en ocasións coma esta sempre se alzan voces de responsables laborais ou económicos para proclamar a tremenda diferencia entre este país e os do contorno europeo, os problemas económicos que este desbaraxuste orixina, e a imposibilidade de saír da crise se non planteamos máis seriamente os nosos calendarios laborais.

Cando soplan favorables os ventos da economía, só vemos as vantaxes de vivir nun mundo coma o noso no que o disfrute prima por riba dos rendementos e rendibilidades, e entón lembramos que somos habitantes do sur de Europa, nada que ver coas rexións europeas do centro e do norde onde non saben máis que vivir para o traballo con horarios imposibles para nós.

Pero estamos no tempo no que estamos, e as voces que piden acumulación dos numerosos festivos aos inmediatos fin de semana non deixan de escoitarse, abogando pola desaparición das pontes festivas e pola consecución dunha necesaria tranquilidade laboral.

Para o resto deste mes pinta ben o calendario, xa que as maiores festividades – Noiteboa, Nadal, Fin de Ano e Aninovo- cadran en fin de semana, co que non existirá este problema que a pasada semana vimos coa maior crudeza.

O certo é que calendario laboral hispano e galego foise “ablandando” conforme a sociedade foi mellorando nas súas condicións vitais, e os traballadores – especialmente os dos estamentos oficiais- conseguindo cada vez mellores condicións económicas, e de permisos e licencias. O pasado ano comezaron as restriccións no salario, pero aínda non se experimentaron en “moscosos” e outras prebendas, pero todo chegará.

Agora que se fala da necesaria reestructuración do mercado laboral, seguro que o tema das pontes festivas vai xurdir, e no clima xeralizado de recortes e aforros, vaiámonos preparando para algunha decisión ao respecto que – dito sea de paso – é conveniente para todos.
Editorial
Editorial


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PROMOCIÓN
PUBLICACIONES
Publicaciones
Publicaciones Amencer
Revista Egap
Obradoiro de Artesania