Sobre cadeiras
Rivas Delgado, Antonio - lunes, 12 de diciembre de 2011
Xa sabía eu que as cadeiras que se atopan xunto ás mesas son para que a xente deixe caer o cu nelas ou, incluso, para que alguén pouse os bolsos (as mulleres) ou os xornais (xeralmente os home, e xeralmente o Marca).
Xa sabía eu que hai cadeiras de moitas clases e materiais.
Tamén as hai (a maior parte delas) que estarán ata o cu de soportar os cus de todos os que apousentan nelas.
E haberá cus, cómo non, que soltarán esas ventosidades silenciosas que deixan o ambiente máis que contaminado. E se o ambiente queda mal, imaxinade a propia cadeira, ou, aínda peor, o coxín que teñen algunhas para que algúns cus se acomoden e non sufran o frío do metal ou a incomodidade da dura madeira.
Rivas Delgado, Antonio
Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los
autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora