Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

A crise tamén cerra a revista Auria

lunes, 12 de diciembre de 2011
O domingo día 25 de decembro, os lectores do diario La Región, sentirémonos orfos, xa non o acompañará a nosa querida Auria.

Auria era unha xanela aberta o mundo: dinámica, creativa e innovadora. Unha especie de enciclopedia por fascículos, na que con mimo e entrega, profesionais dos diversos sectores, foron moldeando un saber acumulativo, que xira principalmente, en torno o territorio ourensán a as súas áreas de influencia.

Foron 175 números, que mes a mes, tiñan ese encontro entrañable e agradecido co lector curioso, que primeiro lía, logo relía parte dos traballos publicados, para despois gardar, como pequenos tesouros, que lles falan de algo que ten tan próximo, e que a veces, tanto descoñecían.

A modo de efecto primacía, eu lembro con moito cariño a miña primeira colaboración no número 72, do mes de abril do ano 2003, que titulaba “A voz da parroquia: a campana un medio de comunicación milenario”, logo seguín colaborando con certa asiduidade para tratar temas limiaos, e como non, a miña memoria, por efecto recencia, tamén se vai a quedar, co traballo publicado no número 173, que titulaba “O simbolismo na capela de San Miguel de Cados”.

Auria, destacaba por a calidade e diversidade dos seus textos, do realismo da súa fotografía e a arte da súa maquetación. Detrás dela estaba a profesionalidade de dúas persoas as que temos moito que agradecer, unha é o que foi o seu director durante máis de dez anos, Antonio Piñeiro, e o outro o seu maquetador Miguel Suárez, do que recollo estas palabras tan sabias, o recibir a noticia do seu peche “foi bonito mentres durou”.

Cando se cerra un medio de comunicación como Auria, tan querido e tan necesario, é como si se pechara unha biblioteca. Para os galegos e principalmente para os ourensáns supón unha gran perda.

Eu pregunto: ¿será toda a culpa da crise?.
Rivero, Manuel
Rivero, Manuel


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES