Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Greenpeace en Vigo

viernes, 19 de noviembre de 2004
Apréciase unha forte dosis de inconsciencia mesturada con mesianismo nos de Greenpeace para acudir a Vigo facer campaña contra a pesca por arrastre, despois de ter abordado a tres arrastreiros en augas próximas a Irlanda.

E hai que recoñecerlles ós vigueses implicados no tema da pesca -que, loxicamente, son lexión- que teñen bastante razón en molestarlles esta visita pedagóxico-divulgadora, e que mesmo terían todo o dereito do mundo a declarar a visita do buque ESPERANZA como "non grata", aínda que parece ser que non se van atrever a tanto.

Chamoume a atención escoitar a un dos dirixentes da revolta viguesa dicir que os ecoloxistas "no son los buenos". Estamos moi afeitos a pensar que os ecoloxistas sempre teñen razón e son os "bós" da película. Pois quizás haxa que mudar de criterio, porque ninguén autoriza a Greenpeace a tomarse a xustiza pola man e pasar das palabras ós feitos, cando o que terían que facer é dar conta -no caso de delicto- ás autoridades
competentes para que sexan as que tomen as decisións oportunas.

Parece ser que é a primeira vez que os ecoloxistas de Greenpeace se atopan cunha "revolta" popular; dificultade por certo nada comparable ó torpedeo dos franceses do seu buque insignia Raimbow Warrior polo tema dos basureiros radiactivos.

Neste caso, como en case tódolos conflictos, non hai "bos e malos" senón distinto xeito de ver un conflicto, no que os galegos teñen moito que dicir porque son moitos séculos de utilizar unha arte pesqueira e moitas familias que viven deste xeito de pescar. E de haber malos serían os ecoloxistas se, de verdade, se confirma a sospeita dos vigueses de que
poden servir intereses de outros países.

Diante, pois, da visita de Greenpeace a Vigo só cabe pedir que teñan boa viaxe, e que non tarden en emprendela.
X.X.
X.X.


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES