Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Aprazamento do pago

miércoles, 07 de diciembre de 2011
Galicia estaba necesitando un goberno amigo, e agora o que se vai formar en Madrid enténdese que o vai ser aínda que os amigos non poidan ser garantía de decidir como nos gustaria que o fixesen.

O goberno amigo de Madrid vai ter que decidir en numerosas cuestións que Galicia ten pendientes, empezando polas diversas obras en marcha que precisan de continuidade ou aceleración, e rematando polo aprazamento interesado pola Xunta da devolución que o goberno autonómico ten que facer ao estatal por non terse
calculado axeitadamente as cantidades que Galicia debía percibir como participación nos impostos de percepción nacional.

Co goberno anterior non pareceu haber sintonía favorable para conseguir un aprazamento razonable e necesario nesta devolución, que nos chega no peor momento económico. Pero xa que se vai producir o cambio de cor de goberno co previsible cambio tamén dos enfoques políticos e económicos, a Galicia neste momento quédalle a esperanza – fundada ou non- de que o novo goberno se pronuncie favorablemente sobre o aprazamento da devolución.

Polo momento o presidente in pectore, Mariano Rajoy, non se ten pronunciado loxicamente sobre o tema. Que estas cousas deben ser estudiadas detidamente e en base a todos os datos de que poida disponerse. Pero xa que un novo tempo se abre, deixemos paso á esperanza de que Galicia non se vai ver apretada económicamente no momento en que precisa todas as axudas posibles. E este aprazamento sería unha axuda perfecta.
Editorial
Editorial


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES