Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

A luz do flexo

lunes, 05 de diciembre de 2011
Quero que a luz do flexo me caia sobre o cocote para que as ideas fervan máis alá dun simple cocido.

Todo animal racional necesita dunha fervura para que o seu espírito vague por entre as flores dunha carqueixa. Ou por entre as espiñas dunha toxeira. É bonita a toxeira. Calquera toxeira. E a pesar dos seus picos, das súas espiñas.

Quero que o paraugas se abra tan axiña como caian as primeiras gotas de auga. Non quero mollar a caluga para que non se me arrefríen as ideas. As ideas que seguen a ferver porque a luz do flexo segue acendida.

Así é que pecho o paraugas; porque así dou a entender que xa non chove, e deixo que a luz do flexo me caia sobre o cocote, sobre a caluga. Por pouco tempo, xa que saio fóra da cafetaría e son, agora, os raios do sol os que me funden nunha somnolencia nugallá.
Rivas Delgado, Antonio
Rivas Delgado, Antonio


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES