Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Forzas e corpos de seguridade

lunes, 05 de diciembre de 2011
De cando en cando as forzas e corpos de seguridade proporciónannos novas sorprendentes que evidencian que o seu labor calado consegue resultados á altura que deles se precisa.
Un destes resultados sorprendentes é a detención de varios presuntos terroristas, que pretendían facerse notar con atentados con explosivos con motivo da presencia dos Principes na cidade da Coruña.
A existencia en Galicia dun grupo terrorista ten que preocupar moi seriamente ás autoridades competentes que trasladarán as forzas e corpos de seguridade as instruccións oportunas.E como este labor é calado e continuado, e ven resultar que en Galicia todos nos coñecemos como ocorre nos pobos pequenos, seguro que o traballo dá resultado, con infiltracións ou contactos abondos como para poder deter aos implicados no momento oportuno e coas probas á vista.
Grande é a nosa democracia cando permite que ao día seguinte das primeiras detencións se celebre unha rolda de prensa onde se apoiou aos detidos no seu labor de defensa da identidade de Galicia diante do “etnicidio” que se supón estamos sufrindo os galegos, sen que a maioría nos deamos enterado.
Este éxito das forzas da Lei debera disuadir suficientemente a calquera elemento que apoie a violencia a camiñar por eses vieiros, sabendo que hai vías pacíficas para participar no xogo político deste país, respectando as reglas de xogo. Calquera acción ou aventura por outro vieiro, especialmente utilizando a violencia, nunca poderá contar coa acollida social favorable, nin será comprendida pola inmensa maioría do pobo galego. Só a paz presenta camiños para que os recorran todos aqueles que pretendan conseguir o apoio dos habitantes desta fisterra.
E precisamente as forzas e corpos de seguridade do estado son os garantes de respectar a vontade desa inmensa maioría, e cortar de xeito contundente calquera iniciativa que non respecte aos demais, ou se desvíe da vía pacífica para participar na actividade social.
Recente está o exemplo, que merece a nosa noraboa e a de todos os galegos de ben.
Editorial
Editorial


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PROMOCIÓN
PUBLICACIONES
Publicaciones
Publicaciones Amencer
Revista Egap
Obradoiro de Artesania