Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Coches sen seguro

miércoles, 17 de noviembre de 2004
Por fin, a Administración vai tomar cartas no asunto e proceder seriamente contra os conductores de vehículos que viaxen sen seguro. Así, a Garda Civil de Tráfico vai establecer controles nas estradas para controlar ese cinco por cento de vehículos sen asegurar que incomprensiblemente aínda circulan libremente.

Esto de viaxar sen seguro é algo que nos parece tan arriscado e tan impropio que non nos cabe na cabeza que poida darse na actualidade.

Neste tempo no que a informática facilita tódalas tarefas, especialmente as burocráticas, é unha deixadez non ter comezado antes cunha acción decidida neste campo no que somos afectados tódolos conductores xa que as carencias duns repercuten no colectivo, e os custes de accidentes e indemnizacións -aínda que queden a cargo do Fondo de Compensación de
Seguros- sae indirectamente do colectivo dos que sí pagamos relixiosamente o seguro.

Aínda que polo medio poida andar a Lei de Protección de Datos, seguro que a Dirección Xeral de Tráfico pode obter das Compañías de Seguros cadansúa relación de asegurados e, unha vez obtidos os datos, cruzalos cos do Parque de vehículos para obter a relación de vehículos sen seguro.

Despois, ir a "tiro fixo" polos infractores e proceder a aplicarlles a lei. Pero non se ten feito ata agora.

A ver se polo menos nesta ocasión o tema se toma en serio, e a Dirección Xeral de Tráfico, xunto co resto das administracións -especialmente a xudicial- consigue meter en cintura a ese colectivo irresponsable que viaxa polas estradas xogando a cara ou cruz coa súa vida
e a de tódolos demáis.
X.X.
X.X.


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES