Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

As eleccións, cando toque

viernes, 02 de diciembre de 2011
O resultado das recentes eleccións xerais confirmou o triunfo do Partido Popular que gobernará con comodidade os próximos catro anos con maioría absoluta, e terá as mans libres para poder aplicar sen cortapisas as medidas que considere precisas para superar a tremenda crise na que estamos inmersas.

Estes bos resultados animan a algúns sectores do partido a considerar a conveniencia de que se adianten determinados comicios que proporcionen a esta forza política maior vantaxe sobre os competidores.

Polo que a Galicia se refire, un adianto das eleccións galegas podería traer consigo unha maior vantaxe na maioría absoluta que o Partido Popular xa disfruta, a costa do Partido socialista se se ten en conta a tendencia de caída do voto e mesmo dos nacionalistas se non dan amañado os seus problemas internos.

O Presidente do goberno galego tense manifestado decidido a cumprir o mandato electoral completando a lexislatura, sen adiantos de ningún tipo. E parece a máis razonable postura, porque un adianto electoral para mellorar as vantaxes políticas ten moito de partidismo e moi pouco de acción de goberno.

Estamos afeitos a votar tres de cada catro anos, e a mecánica establecida non debe ser variada por intereses partidistas. As eleccións, cando toque.
Editorial
Editorial


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES