Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Votos, votos, votos... e resultados

jueves, 01 de diciembre de 2011
Neste país hai tantos millóns de politólogos como de votantes, e cada un obtén un resultado diferente. E cada un ten a súa verdade como cada partido obtén dos resultados electorais unha visión diferente e interesada.
O domingo electoral todos tiñamos moi claro o resultado obtido: O Partido Popular gañaba as eleccións por maioría máis que absoluta, o PSOE sufría a peor derrota da súa historia, e das feridas do partido ata agora gobernante brotaba sangue que por unha intanxible transfusión daba vida a grupos, nacionalistas ou non, minoritarios.
Pero andando os días, os entendidos – todos, xaquelogo- comproban que o PSOE perdeu máis de catro millóns de votos, dos que o PP só se beneficiou de arredor de medio millón, indo o resto a repartirse como pedrea dunha lotería da que todos agardaban algún beneficio.
E polo que a Galicia se refire, o PP revalidou un liderado discutido polos bipartitos, o PSOE derrubouse, pero o Bng – se ben mantivo os seus resultados globales- sufríu a perda de numerosos votos nunha sangría que preocupa a moitos dos seus componentes.
Ata agora son tímidas –ou non tanto, que aí anda Beiras- as voces que piden un endereitamento do rumbo para conseguir contactar en maior medida coa poboación galega, e lograr que o que é unha decadencia paulatina se transforme nun “crescendo” necesario e desexable.
Ao Bng non lle sentou ben o paso pola Xunta e dese paso aínda se doe. Outra cousa é o paso polos concellos onde os concelleiros desta forza política se distinguen pola súa oposición firme ou polo traballo nos gobernos nos que participan. Pero sofren o desgaste dos gobernos en coalición, que parecen tan problemáticos como o exercizo da oposición que non da froitos electorais visibles.
Dentro do Bng hai quen considera que os tempos piden decisións firmes. No PSOE aínda non se recuperaron do trauma provocado polos resultados. No PP aínda andan de festa. Polo de agora, tempo de espera. Pero pouco, porque deseguida empezará de novo a próxima campaña electoral.
Editorial
Editorial


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PROMOCIÓN
PUBLICACIONES
Publicaciones
Publicaciones Amencer
Revista Egap
Obradoiro de Artesania