É a democracia, estúpido
Muñiz, Ramón - jueves, 01 de diciembre de 2011
Resulta que varias persoas que foron votar en Madrid cunhas camisetas nas que puñan Escuela pública para tod@s y tod@s, poden ser penadas con multas incluso con cárcere pola Xunta Electoral, que interpreta que iso é propaganda electoral porque podrían influír no voto dos cidadáns que as ven, e polo tanto deciden que están prohibidas pola Lei o día das eleccións.
E se as camisetas pon nucleares non grazas?, ou non me gusta o AVE?, ou os banqueiros aos palleiros, ou eu amo o galego?, ou son de cor vermello?, ou son de cor azul?, ou son de cor verde?.
Pero, carallo, que prenda me poño o día da votación?.
-Señora na cola da votación dirixíndose ao que vai diante: Ai, mire, eu ía votar a IU, pero vendo a camisiña tan bonita que leva con esas gaivotas cruzando ise ceo azul, abduciume, lembrándome ao PP, de tal xeito que agora vou votar a Rajoy. O interpelado abraiado di para si, pero se son dunha foto sacada en Camariñas, e son eu o que vou votar a IU.
En resumo, pero pode haber alguén psicoloxicamente normal que pense que unha persoa pode cambiar o voto polas inscricións, cores ou dibuxos dunhas camisetas que vexa ao seu carón diante das urnas?. Pois si, para a Xunta Electoral de Madrid parece que pode ser esencial para elo, que até pode mandalos á cadea por un ano.

Muñiz, Ramón
Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los
autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora