A arte de saber escoitar
Rivero, Manuel - miércoles, 30 de noviembre de 2011
Escoitar de forma adecuada é unha arte que dominan moi poucas persoas. Temos a certeza que escoitamos de forma correcta, sen embargo, a realidade é ben diferente.
Escoitar de forma efectiva, supón un esforzo mental e físico, supón estar centrado na totalidade do mensaxe, co fin de captar o significado do mesmo. Para que a escoita sexa efectiva ten que ser activa, esa é a única forma que nos permite centrar a nosa atención no que escoitamos, captar o seu significado, e interpretar correctamente a información que nos está enviando o noso entorno.
Cando estamos interactuando cara a cara, debemos de confirmar, tanto co noso linguaxe verbal como co corporal que estamos percibindo o significado do mensaxe que se nos está enviando.
Debemos de ter en conta que con a nosa voz transmitimos información, pero co noso corpo, ademais de información, transmitimos emocións, actitudes, estados de ánimo e sentimentos. Si se escoita con atención, conséguese o principio psicolóxico da reciprocidade, os demais tamén o farán con nós do mesmo modo.
Este dobre efecto, contribúe a que a comunicación gane en precisión, intensidade, densidade e multiplicidade; ademais, se queremos levar as rendas da conversación, é moi importante escoitar e observar antes de falar, e pensar antes de actuar.
Escoitar de forma activa debese de converter na principal ferramenta da nosa actividade comunicativa. Por ese motivo, é moi importante aprender a escoitar, xa que realizalo de forma ineficiente é moi custoso, tanto económica como socialmente.
Principios da escoita activa:
1. Debemos de aprender a calarnos, tanto verbal como mentalmente.
2. Debemos de deixar que o noso interlocutor acabe de falar.
3. Debemos de intentar comprender o significado do que nos di, do que cala e de que quere dicir.
4. Non debemos de dar nada por suposto, é necesario preguntar para aclarar todo o que consideremos oportuno.
5. Debemos de descubrir as palabras claves que vertebran o discurso, memorizalas e retelas.
6. Debemos de contribuír a creación dun clima agradable, que facilite a escoita e reduza a tensión.
7. Debemos de escoitar de forma activa para estimular a outra persoa a dar o mellor de si mesma.
8. O escoitar de forma adecuada, da seguridade, permite aprender, tomar decisións máis acertadas, ter máis tempo para pensar e contar con máis variables para interpretar a realidade.
Na actitude de escoitar de forma activa, vamos a encontrar parte das claves para entender os demais, para que os demais nos entendan a nós, para xerar confianza, para disfrutar dunha comunicación eficaz e por suposto, para aprender, desaprender e ensinar
Escoitar de forma activa, serena e profunda é unha habilidade que está presente na conduta das persoas entrañables e intelixentes, eles son conscientes, que ten dous ouvidos, dous ollos e unha soa boca, nese sentido, escoitan e observan o dobre do que falan. Ten a gran virtude de escoitar sen xulgar, propor sen impor e de ensinar a escoitar
Cando na túa traxectoria vital tes a fortuna de encontrar un artesán: humilde, sinxelo, agradable e atento; que por un tempo, o deixa todo, fala cos seus silencios, observa e escoita, sentes unha sensación de fluidez e de benestar, que é moi difícil de expresar por medio de palabras. Cóidao porque tes un tesouro.

Rivero, Manuel