A penúltima "guinda bananera"
Cardalda, Theo - miércoles, 30 de noviembre de 2011
DESDE O PREGUNTOIRO:
O Consello de Ministros indultou ao segundo de abordo do banco de Santander Alfredo Sáez. Unha persoa que estaba inhabilitado por sentencia xudicial para seguir exercendo na banca por delito grave de falsa acusación, polo que uns empresarios cataláns foron á cadea e agora volverá a cumprir os requisitos de honorabilidade que esixe o Banco de España.
Todas aquelas celebracións solen ter aquilo que chámase a guinda, como os anacos de pasteis e esta acción de goberno, sen dúbida, é algo así como o broche de ouro ao glorioso despropósito ao que nos levou a covardía política e os intereses escuros desta cuadrilla que sempre falaron de velar polos intereses dos cidadáns. ¿Que clase de
democracia e esta que indulta aos corruptos cando son poderosos e son capaces de perseguir aos que piden que se
cumpra a Constitución?. ¿Isto é xustiza?. ¿Isto e democracia?. Isto é unha farsa. Da unha sensación de que hai que pagar favores pasados e tratar de suxeitar favores futuros.
Para unha boa información, direi que o Sr. Sáez figura como o quinto banqueiro mellor pagado do mundo, uns 10,2 millóns de euros ao ano (1700 millóns das antigas pesetas). Non
está mal o pelotazo. Mentres tanto seguen os desafiuzamentos de xente que perden as casas e nin sequera salda as súas débedas. Moito máis alá dos legalismos están a moralidade e o
sentido común, sendo estes dous valores o que repele este indulto.
Non quero nin pensar se isto acontece naqueles países de Sudamérica que lle chaman bananeros, os ríos de tinta que verterían na maioría dos xornais deste país en clave
ditatorial.
Os meus parabéns a esta rexeneración do socialismo e tamén a os do novo goberno por ter como calada esta inxustiza. Todo isto fede moi mal.

Cardalda, Theo
Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los
autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora