Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

De entrar, entrar de día

martes, 29 de noviembre de 2011
Foi Curros Enríquez quen en homenaxe á cidade da Coruña escribiu:
Se me deran a escoller,
Eu non sei que escollería,
Se entrar na Coruña de noite
Ou entrar no ceo de día.
Eu, en canto a Vilalba, téñoo perfectamente claro. Eu escollería entrar en Vilalba de día, que de noite é moito máis problemático.
Este sábado pasado fun dúas veces, a primeira ao Muiño do Rañego, ao homenaxe a Xosé Manuel Carballo e a inauguración do seu monumento no “Paseo dos soños”. E á noite á cea da Coral Polifónica, pola festividade de Santa Cecilia.
De día, xa digo, non hai problema. Pero de noite, e coido que coñezo ben a estrada, un par de veces tiven que frear e calibrar con ben dificultade por onde debía circular.
A estrada está recentemente reasfaltada, cunha superficie magnífica, pero non está pintada. Rematadas as obras estanse tomando ben tempo para pintar as liñas central e laterais, de maneira que os conductores poidamos seguilas con tranquilidade.
E tan axiña hai un tramo perfectamente pintado, como outro que non ten máis ca uns trazados mínimos para orientar aos pintores pero que son moi díficiles de seguir por un conductor.
E o tema dificúltase candos se encontran no trazado as chamadas raquetas ou ampliacións similares para no futuro facilitar os desvíos ou cruces, que quedarán perfectamente cando queden.
A situación era especialmente grave este sábado porque desde que se fixo noite botouse enrriba unha neboa pecha que impedía ver máis aló de dez metros en diante, co que a negrura do asfalto confundíáse coa branca negrura da néboa, orixinando unha desorientación total para os conductores, e un perigo certo para todos os que andiveramos pola estrada.
A volta, xa de madrugada, era terrorífica. Non tiña a menor idea de onde estaba, cunha desorientación total, e a sensación de navegar sen rumbo co perigo de que a estrada desaparecese de repente de diante das rodas do meu vehìculo.
Pero ao comezo falei de entrar. O poeta, falaba de entrar na Coruña, e eu en Vilalba. E eu prefería a entrada en Vilalba precisamente de día.
Porque, por se fóra pouca a escuridade e desorientación do traxecto, ao entrar en Guadalupe, unha serie de camións aparcados na estrada aparecían como sombras amenazadoras coas que non se conta, e que estreitan a vía polas súas grandes dimensiòns.
En fin, que como de noite segundo o refrán todos os gatos son pardos, eu prefiro o día que cada gato ten a súa cor e os meus ollos distínguenos de lonxe e non hai que preocuparse polas súas rabuñadas.
En serio: Non quixera eu estar na pel e na conciencia dos responsables de que esa estrada non estea pintada se hai un grave accidente precisamente pola tardanza en deixar rematada –por uns botes de pintura- unha obra tan importante.
Xiz, Xulio
Xiz, Xulio


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES