Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Televisións

martes, 29 de noviembre de 2011
Corren malos ventos para as televisións. Non para as grandes, públicas ou privadas, de ámbito nacional, que parece teñen garantida a súa existencia. As primeiras, porque son un perfecto elemento de contacto co gran público. As segundas, porque son unha fonte económica importante á vez que elemento de influencia e poder para o capital que as promove.
O problema é para as televisións de segundo nivel, autonómicas. E xa non digamos para as de ámbito local.
En canto ás autonómicas, parece que a crise existente vaise cebar nelas e de pouco lles vai valer ser elementos de defensa do idioma e promoción dos valores autóctonos, especialmente as de autonomías con lingua propia – Euskadi, Cataluña e Galicia – para que sufran nas súas carnes o impacto directo dos máis duros recortes.
Autoridades do Partido Popular xa teñen expresado a vontade do partido de acometer a privatización en todo ou en parte das televisións autonómicas, así como a fusión ou procedemento similar da Axencia Efe con Radio Televisión Española.
Haberá que modificar as Leis vixentes pero o capital privado acabará tendo entrada nas televisións autonómicas, de xeito que pode racionalizarse a economía e plantexamento das que precisen racionalización, pero tamén poden peligrar os obxectivos con que naceron estos importante medios informativos aos que se considera columna da vertebración cultural e social das correspondentes autonomías.
As televisións autonómicas perderán autonomía se efectivamente se crea un ente aglutinador que poida funcionar con desconexións para as canles actualmente existentes, estudiándose a posibilidade de que sexa suprimidas nelas a emisión de publicidade como xa se ten feito na Primeira Cadea.
Se a racionalización das televisións autonómicas é conveniente, especialmente nas autonomías que non teñen un idioma propio, é magoa que o criterio preponderante neste terreo sexa o argumento económico, entrando no mesmo saco moi diversas medidas para o equilibrio presupostario.
Outra solución deberá adoptarse para as televisións locais que en Galicia existe a convicción de non conseguir xa non rendibilidade senón equilibrio das súas contas. Pero son iniciativas privadas que teñen que buscar unha viabilidade que seguro existe.
Os medios informativos – e ata agora só falamos da televisión- viven, vivimos, momentos de dificultade, normais se temos en conta que somos as fiestras por onde respira, se manifesta, vive o colectivo da sociedade.
Cando os medios públicos dean proba de moderación e austeridade, posiblemente os privados teñamos menos problemas á hora de conseguir seguir resistindo na percura de mellores tempos.
As televisións vivirán cambios radicais. A racionalización é a meta perseguida. Esa mesma racionalización debe aplicarse a todo ente público para conseguir froitos coherentes e tanxibles.
Editorial
Editorial


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES