O silencio dunha guerra
Rivas Delgado, Antonio - lunes, 28 de noviembre de 2011
Quen preme o botón da bomba nuclear? Quen deixa caer o napalm sobre o pobo de Vietnam? Radiación no ambiente. Morte no silencio dunha guerra, no medo dun pobo. Cada quen que pense o que queira, pero hai balas que matan e napalm que queima.
Hai feridas que sempre quedarán abertas e concentracións de protestas que tan só estarán aí. Quen rexe a cabeza daquel que sabe que ten o poder e que detrás dun bombardeo dá a orde para lanzar outro?
Quen morre no silencio dunha guerra? O pobo silencioso que non ten con que defenderse. O silencio dunha guerra cheira a carne morta.
Quen morre nunha guerra? O pobo.
Rivas Delgado, Antonio
Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los
autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora