Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Esperando a Mr. Rajoy

lunes, 28 de noviembre de 2011
A nosa situación colectiva –política, económica e social- orixina este editorial con reminiscencias fílmica, salvo que esta película da que descoñecemos o xénero definitivo tennos a todos nós como protagonistas.
Pode ser unha traxedia, pero preferimos pensar que sexa unha traxicomedia ou calquera outro xénero que permita un final feliz que todos nos merecemos despois de tantos avatares.
O que ocorre é que o final non vai producirse tan axiña, e terá que mediar moito tempo ata que teñamos algunha solución para esta situación difícil.
Quen agarde que Rajoy e o seu aínda nonato goberno poida atopar solución taumatúrxica para a actual situación é mellor que vaian acomodando as súas ilusión á realidade previsible. E o que agarde que o seu goberno vai depararnos de repente mellores condicións, revise a súa capacidade de análise, porque por moito que se esforcen os membros do novo executivo teñen que tecer as súas decisións cos mesmos bimbios que existían ata agora, e non teñen variado que se saiba as directrices europeas nin a tiranía dos mercados.
Para os que coidan que se dilata demasiado a transmisión de poderes e a asunción de responsabilidades por parte do Partido Popular, deberá terse en conta que os prazos veñen establecidos por Lei, e ningunha das personalidas ou forzas políticas intervintes poden facer nada ao respecto. O cal non quita para que agardemos con esperanza e unha boa pizca de ilusión á visión de Mr. Rajoy da dura realidade existente, e as primeiras decisións que o seu goberno vai tomar para que este país enderece o seu rumbo, desplegue as súas velas para aproveitar os ventos favorables, e o timón sexa gobernado con man firme que saiba onde quere chegar.
Que ninguén nos quite a esperanza de que a situación pode mellorar. Que ninguen dubide a priori da posibilidade de que sexa bo para Galicia e os galegos que haxa un galego na Presidencia do Goberno. Pero tamén que saibamos manter a cabeza fría, ninguén nos encha o seu interior de fume, e sexamos conscientes de que para sair deste marasmo e recorrer axiña a travesía do deserto, fai falla o esforzo e o sacrificio de todos.
Agardamos por Mister Rajoy; para moitos, o desexado. Que sexa para ben!.
Editorial
Editorial


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES