Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

O hectómetro de Xosé Manuel Carballo

lunes, 28 de noviembre de 2011
O hectmetro de Xos Manuel Carballo Veliaqui estou, contigo, nesta quenda do Rañego, de Vilalba. Nesta antiga Vilarente da Chá soñadora, secreta, infinda e creativa.
Necesito, con esta escrita de carpintería bruta, estar preto de ti e dicirche algo, que é coma unha confesión pública dun incrente, irreductiblemente irredento.
Cultivamos moi escasamente o contacto persoal e a palabra. Pero a amizade está aí dende o tempo no que tiveches a ocorrencia de me facer actor, interpretando e remedando a un pánfilo Xosé bíblico, en versión moderna. A verdade é, que me deixei levar, levado do escepticismo. Non tiña a crenza de que esa realización chegase a callar con certo decoro, e o episodio pasou polo meu andar agochado neses recordos que un quere esquecer definitivamente.
Tiveches a xentileza de convidarme á súa proxección na igrexa de Castro de Rei. Era unha tarde fría, nunha igrexa teiga, cun actor – intérprete de Xosé - ruborizado, que procuraba pasar absolutamente irrecoñecible, o que resultou sinxelamente fácil. Mirei ás centos de persoas que, devotamente, totalmente entregadas, emocionadas, facíanse parte do pasaxe bíblico do Nadal. Matinei e maticei. E cain na conta de que tamén, como guionista, director e realizador, eres un xenio. A mensaxe chegou e chega a que ti queres e querías que chegase. Naquel momento sentin non ter posto máis esmero, paixón e realismo no persoaxe que me tocou. E ruboreime máis por non ter sabido interpretalo mellor.
Fóra deste tempo descrito, poucos contactos tivemos, e os que se produxeron foron curtos, breves e con falares de mutua cortesía. Pero o trazo da amizade seguía e segue aí, por algunha parte.
Contas coa miña admiración pola tua persoa e polas tua intensa e brillante labor: dinamizador, autor teatral (só ou en compañía) prolífico escritor, parabólico, intelixentemente irónico e descriptivo; fabricante de maxia e de soños: poeta sen querelo, loitador de causas xustas e home fiel ao teu deus.
Moito pensei e penso como é que dentro desa figura túa, desa alma de Quixote andador, sen lanza, nin espada, sen escudeiro de contrapeso, nin Dulcinea, nin pantasmas, poida emerxer tanta Galiza e tanta palabra precisa nun idioma galego rexamente cultivado, claro e perfectamente entendido.
Pertences, amigo, a un grupo elexido de mulleres e de homes, que constituen unha armada inexpugable, que fan, coa escrita e co dicir, verdadeiras garridezas literarias. Por iso eu conservo a esperanza e sego no garlopeo, coa madeira de que dispoño, nun inconstante e desesperado intento, non para emular nada (que isa posibilidade é imposible) senón para expresar con rabia a miña teima polo renacer dunha Galiza, señora e solidaria.
Xosé Manuel, amigo, ti que estás co teu deus e que lle falas, pídelle que poña de novo as mans sobre Galiza e nos erga o espírito que, se non está durmido, está durmindo de profundo.
Mais, que digo, ¿non quedou claro nesta escrita un total, absoluto e irremediable agnosticismo?
Logo, entón, para que che pido!
En calquera caso, como o deus no cal eu creo –por suposto galego-, está en cadaúnha de todas as persoas galegas, libérame unha maxia (que ti podes) e ergue as conciencias, que levan moito tempo sen airear e a remollo. E por se acaso, outra maxia ao maléfico, que deus e o demo están, intanxibles e confundidos en cada quen de nós, pero estar, están, activos e delimitados.
Íaseme ir o pensamento por cantarche unha cantiga que tracei en Condomiñas, mais ésta tropezou con outra que me naceu en Goberno e puxeronse as dúas a gorriar por ver cal tiña máis carga de millo relón despeneirado. Despois de considerado, entendín que este ardoroso Muíño do Rañego enrañaría con tanto gran casqueiro. De xeito que, xa as cantaremos nunha xunta miúda, que teño un polo de Sancovade gardado, que aínda que me chegou ferido de á, preguntarei ao meu apreciado “médico do gando”, de Noche, se a mácula garda coidado. El nos dirá.
Polo contado, decidín, para este día do teu merecidísimo hectómetro, mandarche a miña admiración e o meu cariño collendo de prestado uns versos do grande poeta e tamén benquerido Mero Iglesias:


“Cantar é sentir xuntos na nostalxia
cara un mar de esperanzas, ... meu amigo!
Cantar é algo máis que dicir algo,
É modular un alento aterecido.”
Gzlez.Vigo, Marcial
Gzlez.Vigo, Marcial


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES