Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Ourensanía

viernes, 25 de noviembre de 2011
Ven de nacer en Ourense unha iniciativa denominada “Ourensanía”, definida polos seus promotores como o seu xeito de “interpretar e andar no mundo”.
Como soe ocorrer nestes afortunados casos, un conxunto de persoas, entre as que se encontran xornalistas, escritos, persoeiros da cultura e representantes institucionais, deu en mirar dentro de si como colectivo, como pobo, e decidiu verquer ao exterior o producto dun sentemento conxunto de valorar a terra e as xentes, mirar arredor de si e escoller entre os mellores ourensáns para premialos polo seu labor, e facer patria espallando “urbe et orbe” poñendo en valor Ourense e aos ourensáns.
A declaración de intencións desta “Ourensanía” proclamouna o escritor Luis González Tosar, e foi publicada e pode ser consultada en “Opinión” de www.galiciadigital.com, mundo de expresión polo que tamén camiña con paso firme o impulsor deste proxecto, o xornalista ourensán Antonio Piñeiro.
Cun xa longo recorrido desde os seus albores nunha homenaxe rendida ás creadoras ourensás, as irmás Pura e Dora Vázquez, “Ourensanía” nace agora como Fundación para ter unha vida brillante como lle augura a ilusionada impulsión dos seus promotores e o espíritu que abrolla desde o máis fondo de moitos ourensáns mentalizados da súa forza e do seu poder colectivo.
Desde www.galiciadigital.com, saudamos con ledicia a aparición oficial da Fundación Ourensanía, na seguridade que brindará xornadas brillantes, albas de gloria, para os ourensáns, para Ourense e para Galicia.
Editorial
Editorial


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PROMOCIÓN
PUBLICACIONES
Publicaciones
Publicaciones Amencer
Revista Egap
Obradoiro de Artesania