Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Contra o feísmo

jueves, 24 de noviembre de 2011
Non hai máis ca viaxar desde Galicia a Asturias ou Cantabria e logo pasar ao País Vasco, para comprobar a tremenda diferencia estética que se aprecia ao cambiar de comunidade.
En Galicia o noso rural presenta o coñecido espectáculo de construccións novas mesturadas coas antigas, ás veces con edificacións nas que se incorporaron elementos modernos ós anteriores, tellados de uralita, alboios de todas as cores, plásticos que conforman silos móviles... cunha imaxe ben pobre desde o punto de vista estético.
Se pasamos a Asturias, o panorama cambia totalmente, e cando máis avanzamos – Cantabria, País Vasco – temos unha lección permanente de ben facer, e un contraste absoluto coa nosa realidade.
As cousas poden e deben cambiar en Galicia despois de que a Xunta teña definido doce áreas paisaxísticas dentro do territorio galego, tendo en base o clima, a topografía, e o uso do solo, constituíndo o primeiro paso dunha denominada “Estratexia da paisaxe en Galicia” que a Consellería do Medio Ambiente pretende levar adiante co propósito de mellorar a nosa imaxe como país, para acabar co feísmo en Galicia.
Cada unha desas zonas establecidas terá marcadas unhas determinadas diretrices e normas de obrigado cumprimento para calquera tipo de construccións, e mesmo para o peche das fincas, pintado das casas ou recebado de calquera edificación, tendo o ano 2016 como horizonte no que estas accións estean a pleno rendemento.
Cando falamos de feísmo, parece que só estamos falando de estética. E pode ser así, pero está relacionado con moitas outras disciplinas, sentementos, ou tradicións. Harmonizar Galicia no seu aspecto exterior é respectar a herdanza dos nosos devanceiros, é sentirse dignos do país no que vivimos, presentar un aspecto axeitado diante dos milleiros de forasteiros que acoden a Galicia, é reforzar a construcción dun país que afecta ás institucións, ás normas de convivencia, aos medios de producción, pero tamén ao aspecto que presentamos diante dos de fóra e de nós mesmos.
Acabar co feísmo en Galicia é librarnos dunha lacra que empezou a aqueixarnos cando imperou a incultura, e cando unha latente crise de valores fíxonos crer que todo valía con tal de que fose rendible. Temos que estar a tempo de remedialo, polo noso ben e polo ben – aínda máis importante - dos que veñan despois de nós.
Editorial
Editorial


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PROMOCIÓN
PUBLICACIONES
Publicaciones
Publicaciones Amencer
Revista Egap
Obradoiro de Artesania