Democracia ilusoria
Cardalda, Theo - jueves, 24 de noviembre de 2011
DESDE O PREGUNTOIRO
Despois do 20 N o panorama político trocou neste país, o PSOE recibiu da cidadanía un castigo brutal e o PP fíxose coa suma do poder, literalmente co poder absoluto. Agora só queda felicitar, con bo humor e espírito deportivo, aos gañadores destas
eleccións: aos que o fixeron por dereito propio, xa que sen comprometerse con nada acadaron a maioría absoluta.
Congratularse por saber daqueles que lles caeu a careta que, desde unha suposta esquerda facilitaron a chegada da dereita.
Teremos un Parlamento menos bipartidista, isto aos verdadeiros demócratas débenos alegrar con toda a carga que ten este sistema inxusto da Lei Electoral. Medicina que remata de
saboreala no seu corpo o PSOE que nada fixo para trocala. ¿Pódese chegar a dubidar da lexitimidade dunhas eleccións baseadas nunca lei desigual e inxusta?.
Aínda así teremos grupos parlamentarios moito máis sólidos, polo que non vai a serlles tan doado acalar, nin ridiculizar como facían os do bipartidismo con IU, unha das formacións de
esquerda que sempre se opuxo ao Tratado de Maastrischt. Esta formación acadou o seu maior resultado en 15 anos en todo o país despois do ninguneo dos medios de comunicación e
este sistema electoral. Toda unha azaña, podendo ostentar co tempo o liderazgo da esquerda neste país.
Non en tanto, coa que está caendo desta grande estafa europea a democracia deixou de ser unha realidade. Os cidadáns, continuamos votando, pero o noso voto e
baleiro de contido real, votamos por políticos que agora non teñen poder real, por iso decidiuse manter unha
democracia ilusoria, desprazando o poder real aos mercados e ao grande capitalismo financeiro. Ante isto, fai falla esa esquerda hexemónica que defenda aos cidadáns desta crise estafa dos mercados.

Cardalda, Theo
Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los
autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora