Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Seísmos

viernes, 12 de noviembre de 2004
No oriente galego, de cando en cando, a terra trema e provoca o pánico dos que camiñamos, traballamos, vivimos na súa superficie.

Algo non está axustado nas profundidades máis fondas do noso subsolo, e se ben supoño que a maioría das veces que se van asentando as placas subterráneas nin nos enteramos, por veces ese asentamento é máis drástico, e provoca a inquedanza lóxica do descoñecido.

Se atendemos ás andanzas que nos contan do heroe Astérix e os seus invencibles conveciños, os antigos galos -curmáns nosos, a fin de contas- temían por riba de todo que o ceo caése sobre as súas testas.

Nestes lugares do fin do mundo o que verdadeiramente tememos é que a terra nos trague, porque que se mova o que coidamos máis firme déixanos descolocados.

Non é o caso tan grave como hai uns anos cando descubrimos que os galegos viviamos nunha zona sísmica. Antes coidabamos que só no sur da península había probabilidade de terremotos, pero rapidamente puidemos apreciar que esta vella terra aínda ten moito que asentar, e só me estou a referir ós estratos xeolóxicos que sosteñen o noso peregrinar.

De cando en cando, pequenos seismos -perceptibles uns, outros inapreciables- veñen lembrarnos que estamos asentados sobre unha terra viva, que cando lle peta respira con forza.

Coido que o maior problema que para nós representan estes tremores de terra é o de non ter a ninguén a quen botarlle a culpa, e que ninguén poida facer nada en relación con eles.

Só conque houbera un responsable, xa estariamos máis tranquilos pensando que ou facía algo para solucionalos ou iamos cargárnolo.

Pois, ¿quen sabe?. Ó mellor era cousa de crear unha Consellería de Catástrofes e Accidentes, e poñer ó seu frente a algún político veterano. E cando houbera calquera problema incontrolado, moverlle a silla.
X.X.
X.X.


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES