Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Castrelo do Miño, 45 anos despois

miércoles, 23 de noviembre de 2011
En realidade, para dicir ben, a presa comezara a construirse dous anos antes, pero foi en 1966 cando se rexistraron as primeiras mobilizacións dos afectados apoiadas por unha opinión pública que se coaba polas fendas do poder absoluto. O encoro proxectado asulagaría trescentas cincuenta hectáreas de terreo labradío de inmellorable calidade, afectando a trinta e tres pobos. A meirande parte das fincas non precisaban de abonos, por mor da reducida velocidade con que discorren as augas do Miño sedimentan bulleiro, que leva en suspensión un gran poder fertilizante. Preto de oito mil persoas foron as afectadas polo atropelo do feudalismo hidroeléctrico de Fenosa en acaída expresión de don Ramón Otero Pedrayo.

A innecesaria construción do encoro no curso medio do río viña demostrar a arbitrariedade dos poderes oligárquicos e a sumisión a eles do poder político que mantiña a Galicia no atraso económico, presionando a poboación á emigración. Esta solución do réxime procuraba frear o descontento social e, ao tempo, incrementar os recursos económicos pola vía das divisas e do aforro. A política hidroeléctrica era escandalosa e desequilibradora, porque o prezo do consumo da electricidade era o mesmo que en calqueira outro punto de España, mentres Galicia soportaba os sacrificios colectivos que supoñían os encoros. Cómpre lembrar que a industria siderurxíca do País Vasco móvese coa enerxía electrica dos nosos encoros.O paradoxo era de tal natureza que a poucos quilómetros do salto de Castrelo había moitísimas aldeas sen alumeado. Pero o mesmo na meirande parte do rural galego.

Mariano Rajoy recordábanolo nun mitin celebrado na recente campaña electoral. Grazas a min -díxo-, cando era Presidente da Deputación Provincial (na década dos oitenta) electrificáronse moitas aldeas.

A marxinación de Galicia era de tal envergadura e incongruencia que proxectos como o de Castrelo de Miño contradicían os estudos rigorosos do teóricos da planificación económica. Estes aducían que mentres se investían grandes capitais en asulagar un val fértil e próspero, estábanse a destinar millóns para desecar a lagoa de Antela, ou colonizar a Terra Chá e irrigar o Val de Lemos.

A loita campesiña contra a construción do encoro de Castrelo de Miño avivara a memoria dos movementos agraristas anteriores á guerra civil na comarca do Ribeiro. Unha comisión de campesiños desprazouse a Madrid a falar co daquela Ministro da Gobernación, Alonso Vega, pero éste ameazounos con mandarlles un reximento militar se proseguían coas mobilizacións. Aínda asi os campesiños non desistiron. Loitaron contra tal decisión pola vía xudicial, pero tamén con mobilizacións. Formáranse os “terzos de asalto” que queimaron as casetas da empresa construtora. Os intelectuais de entón solidarizáronse cos campesiños. Cómpre lembrar o papel desempeñado naquelas datas polo mestre Eloy Sobrino Villar.

Corenta e cinco anos despois o Alcalde do Concello de Castrelo de Miño e a Asociación de Funcionarios para a Normalización Lingüística de Galicia, convocan un acto máis da campaña “En galego,agora e sempre”, para perpetuar a memoria cultural e lingüística de Galicia. A notaria de Ribadavia dará fe da vontade individual de cada un dos asistentes.


Xosé González é Presidente do Foro E.Peinador.
González Martínez, Xosé
González Martínez, Xosé


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PROMOCIÓN
PUBLICACIONES
Publicaciones
Publicaciones Amencer
Revista Egap
Obradoiro de Artesania