Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

XIC11: Superando límites

martes, 22 de noviembre de 2011
É moi difícil expresar con palabras, as vivencias das xornadas internacionais de coaching, dos pasados días 10 e 11 de Novembro en Santiago de Compostela.
XIC11 é un evento, que é necesario vivir, revivir e contar. Son deses fitos que a memoria atrapa e deixa fluír con frecuencia. Queda un poso de benestar, de crecemento e realización persoal, que che impide ser indiferente.
XIC11, foi ese escenario máxico, innovador e creativo, no que tivemos oportunidade de aprender, desaprender e de ensinar.
Podemos afirmar que en Galicia o mundo do coaching é de alto nivel. Hai moitos aprendices, eso quere dicir que hai canteira, pero o número de mestres é cada vez maior en número e calidade.
No XIC, temos a oportunidade de aprender dos grandes mestres o mellor que eles levan dentro e expón con sencillez e humildade. O outro ano disfrutamos da sabiduría de Joseph O´Connor e este ano foi Robert Dilts. Dous estilos, que a simple vista son diferentes, pero que cando calas o seu significado, descobres que se interrelaciona, que se precisan e que se complementan.
Que grande é poder estar aí, en vivo e en directo. Escoitalos, aprender da palabra e do silencio, estar nese espazo gravitacional, cargado de enerxía positiva, na que se flúe, se asumen retos e se descobren novas capacidades. É o tempo, o modo e o espazo da intelixencia colectiva.
É de agradecer a QCoach, Approaching e as diferentes entidades colaboradoras, que fixeron posible este evento, que a ben seguro, vai a marcar un antes e un despois no mundo do coaching na nosa terra, do que van saír beneficiadas as persoas, as organizacións e a sociedade no seu conxunto.
Rivero, Manuel
Rivero, Manuel


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES