Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Un novo tempo

lunes, 21 de noviembre de 2011
Estamos no “día despois”, no que todos volvemos á realidade, distribuidos os papeis de actores para a función que nunca se deixou de representar.

Onte, os millóns de votantes que expresamos a nosa vontade nas urnas, deixamos moi clara a nosa intención de cambio das persoas, dos obxectivos e dos métodos. Cansados de que o tempo que rematou fose un tempo de derrotas, e anceiando que o tempo que comece, senón de victorias, sexa un tempo de resistencia, no que o ánimo de todos permita ir saíndo do profundo pozo da crise na que nos fomos introducindo case sen sabelo.

Hoxe, sendo ese “día despois”, é tamén o primeiro día dun tempo novo no que as cousas non han ser doadas, e no que ademais da boa vontade dos gobernantes e do seu bo facer moito imos ter que dicir todos os que formamos esta macrocomunidade á que chamamos España, na que os galegos somos dos máis lonxanos do poder no sentido físico e moitas veces no sentido económico e no social.

O novo tempo que agora comeza non vai permitir respiros e a loita comezou xa, no momento en que se pecharon os colexios electorais. E aínda que sempre ocorre que cando un proceso electoral remata os políticos xa empezan a traballar no seguinte, neste caso vai ser que non, que a dura realidade vainos obrigar – a eles e a nós- a prestar especialísima atención a este problemático presente no que todo parece estar por facer.

Aos que teñen a tarefa de pilotar a nave, noraboa e o interesado desexo de éxito. Aos que lles corresponde ser leal oposición, desempeñen honrada e correctamente o seu papel, que tamén é importante. E se entre todos conseguimos ter “a festa en paz”, todos contentos. Que boa falla nos fai algunha boa noticia, e que algo nos vaia saíndo ben.
Editorial
Editorial


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES