Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Un novo goberno

viernes, 18 de noviembre de 2011
O luns, se aínda non teremos un goberno novo, si saberemos cal será a súa cor. E cales, previsiblemente, van ser as súas liñas de traballo.
Antes, o domingo, tócanos a todos pronunciarnos co noso voto, que debe ser masivo para que o resultado que se obteña sexa clarificador e representativo do sentir colectivo nun momento tremendamente difícil, no que hai que escoller que camiño imos seguir nos catro difíciles anos que terá por diante.
A herencia que reciba o novo goberno vai ser ben problemática, que os tempos non engañan e as perspectivas no contorno europeo non prognostican bo tempo económico para ninguén, excepción feita dun par de países que por salvarse dos problemas máis ostensibles coidan ter o dereito de marcar rumbos e impoñer accións.
Que o problema se vai plantear o mesmo luns para quen gañe as eleccións é boa proba o aviso enviado pola Asociación Española de Banca, que advirtiu que o próximo goberno non vai ter os habituais cen días de gracia no seu labor, e desde o primeiro momento vai ter que sortear as maiores dificultades xa que os mercados andan revoltos e nos últimos tempos son eles os que marcan os rumbos que os gobernos non poden facer máis que seguir.
Todos os que interveñen no proceso electoral son plenamente conscientes, como o somos a totalidade dos habitantes desta terra de Extremaeuropa, de que o Goberno que Xurda destas eleccións vai ter que tomar decisións moi problemáticas, que van a contentar a poucos e incomodar a moitos, que o camiño do deserto que ten que recorrer vai ser difícil desde o primeiro día. Xa todos o sabiamos, aínda que agora a Asociación Española de Banca se encargue de recordalo como se os banqueiros en conxunto ou por separado non fosen actores importantes deste teatro do mundo que oscila entre a traxicomedia e a pura traxedia segundo a gravidade do problema en cada país de Europa.
Para que o luns teñamos noticia e preludio dun goberno forte, o máis representativo posible das correntes sociais que inundan esta terra, o domingo hai que votar en conciencia. Rematado o traballo de votar, a quen a vontade popular lle encomende a súa representación, que se dispoña a acometer unha tarefa difícil, problemática, na que a todos nos vai moito máis ca a nosa economía. Pode parecer esaxerado, pero da labor do novo goberno depende a nosa vida, ou alomenos o noso xeito de vivir.
Editorial
Editorial


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES