Golpes de estado en Europa
Cardalda, Theo - viernes, 18 de noviembre de 2011
DESDE O PREGUNTOIRO
Algúns expertos coinciden en chamarlle aos mercados estafadores e especuladores, outros alertan sobre unha cúpula que non ten rostro; non estou de acordo nesta última definición, o digo porque esta cúpula ten moita face. Agora xa van descubríndose, xa teñen nomes e apelidos. Basta ver o que pasou estes días en Europa para comprender a que nos ven enriba nun futuro.
Foi nin máis nin menos que dous golpes de estado contra as
democracias de Grecia e Italia. Papandreu en Grecia propuxo un referendo sobre as reformas e unha semana despois a súa cabeza comezou a rodar polo chan. En Italia preparouse outro
golpe que tumba a Berlusconi.
Estes dous mandatarios non caeron por unhas eleccións, quizais caerían en canto houbéranse celebrado, caeron por orde directa deses estafadores e o seus sicarios políticos en Bruxelas.
En Grecia xa puxeron os golpistas a un tecnócrata Lucas Papademus, que ocupara o cargo de vicepresidente do Banco Central Europeo. En Italia outro semellante, pero con máis pedegrí", de nome Mario Monti home da Trilateral, do Club Bilderberg unha especie de goberno mundial na sombra. O
máis asombroso do nomeamento do Sr. Monti está no seu curriculum: foi asesor do banco de inversión Golman Sachs de EEUU, acusado de fraude pola venta de créditos lixo (subprime) e culpable desta estafa financeira mundial actual.
Non nos queda outra que os cidadáns teñamos que rebelarnos contra estas ditaduras que nos están impoñendo. Rebelarnos neste país contra o partido gobernante definido como de esquerdas que reformou a Constitución sen consultar ao pobo. Contra a hipotética entrada no goberno do PP; puntilla
neoliberal para seguir con máis forza acometendo recortes tenebrosos ordenados pola cúpula europea golpista. O que non o vexa así está cego.

Cardalda, Theo
Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los
autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora