Versos frolecidos en louvanza de Foz
jueves, 17 de noviembre de 2011
O vindeiro venres, día 18 do actual, e dentro da programación da celebración de Santa Cilla, patrona dos músicos, a Escola Municipal de Música de Foz organiza un acto poético-musical co gallo de cumplirse os 45 anos dos I Xogos Florais de Foz, certame no que gañara o primeiro premio e flor natural o poeta Manuel María co feixe de poemas Versos florecidos en louvanza de Foz. evento que quedou nos anais do pobo como un feito singular, cultural e social, de grande brillantez e de inmorrente memoria, no que actuara como mantedor o insigne intelectual e ilustre tribuno, don Eugenio Montes, por aquelas datas agregado cultural na Embaixada Española en Roma.
O poeta da Terrachá fai, a través da súa poesía, un canto a Foz,: á súa paisaxe e á paisanaxe,ós recunchos mariños mais amados por él; mesmo á alma do pobo, mariñeiro e labrego. Co acto nunciado, que terá unha duración total de uns sesenta minutos, vaise a lembrar o desenvolvemento daquel cerimonioso evento ó que hai case medio século non faltou a súa dose de glamour. Para esta ocasión o mestre Arcadio Mon, director da Escola de Música, fundador da Banda focense, musicou parte dos oito poemas que forman o ramellete poético, que vai cantar, para rematar con Lembranza a Manuel María de cuxa letra e música é autor e como broche de ouro da modesta homenaxe que os organizadores ofrecen ó vate inesquecible que amou a Foz, cuxa Casa da Cultura leva e seu nome e onde
a partir das 20 horas, con estricta puntualidade, dará comezo iste feito novidoso durante o que se relatará os aspectos de maior interese relacionados con él
Todos os asistentes recibirán como agasallo un libriño cos Versos florecidos
.
Fernández, Suso
Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los
autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora