Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

O poder da natureza

martes, 09 de noviembre de 2004
Todos somos conscientes do poder case omnímodo da Nai natureza, gobernada quizáis polas leis de Gea (Terra. Non confundir con Monseñor Gea, que aplica outra clase de Leis, non se sabe se coherentes coa natureza), que é capaz de sufrir as máis devastadoras catástrofes e permitir que a vida siga a subsistir na súa superficie.

Se a catástrofe que rematou cos dinosaurios é certa, visto está que á natureza só lle fai falla algo de tempo para ir asumindo todo o que lle ocorra, e os propios mecanismos que a rexen hanse encargar de poñer de novo as cousas no seu sitio. Outra cousa é que poida e deba axudárselle.

Cando, por exemplo, un incendio forestal afecta unha determinada zona, os primeiros prognósticos son de que se tardarán moitos anos -cincuenta, cen- en que as cousas volvan ó seu sitio. E sen embargo, un ano despois, medra a herba, xorden brotes de novas árbores, vese -en fin- que ou ben a vida non foi totalmente arrebatada ou do contorno viñeron vidas
novas nas sementes que leva o aire, e afincaron na terra queimada. O lume, nas rozas, abreu ó cultivo moitas hectáreas de monte nos ontes da nosa terra.

O do Prestige ía tardar décadas en pasar. Hai dous anos. Na superficie, nin se nota. Queda nos fondos mariños, din que ata a dous metros de profundidade, fragmentado e disperso. Pero cando algún resto chega á costa, un 20% xa non corresponde ó Prestige. Eu lembro, por certo, que á praia de Miño, ben resgardada dentro da ría coruñesa, chegan desde
sempre "galletas" de alquitrán, ás que non se lles deu nunca a menor importancia.

En fin: Que a natureza -axudada fortemente, claro está- tamén asimilará esta catástrofe que no seu momento pareceu definitiva.

Outro tema é eso que se dí de que o Vicepresidente e Conselleiro de Medio Ambiente foi decisivo para solucionar a máis recente das crisis do PP en Galicia. ¿Sería outra proba do poder da natureza?.
X.X.
X.X.


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES