Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Abaratar os despidos

miércoles, 16 de noviembre de 2011
En plena campaña electoral, cando moitos temas quedan esquecidos e outros magnificados pola súa relación coa política, a Confederación Española de Organizacións Empresariais, CEOE, aproveitou a ocasión dunhas xornadas sobre a recuperación económica para, por boca do seu presidente, pedir un abaratamento do despido de traballadores como remedio para a problemática actual no eido laboral.
Certo que existe unha gran diferencia de trato entre os contratos temporais que non representan para os empresarios un custo de liquidación do persoal e os contratos fixos ou indefinidos, onde a extinción laboral supón un custo para as empresas que a Organización empresarial considera onerosa en extremo.
Non é a primeira vez que a patronal aboga polo abaratamento do despido, suponse que en sintonía con outros países de Europa, como remedio para que as empresas sallan adiante en momentos problemáticos, entendendo que esta é a maneira de dar fluidez a un mercado considerado ríxido mesmo polas autoridades europeas en materia de relacións laborais.
Pero deberíamos entender que o problema non está en abaratar o despido senón en conseguir fluidez nos mercados, que as empresas teñan traballo en lugar de necesidade de prescindir de persoal que xa non precisa. E calquera tipo de axudas que as empresas poidan recibir que sexa para fomentar a contratación de persoal, que o paro é o maior problema que temos neste país, e ninguén parece polo de agora ter a fórmula precisa para poñerlle freo á destrucción de empregos.
Abaratar os despidos non debe ser un fin en si senón un medio para conseguir algún fin determinado. E non habería moito que argüir en contra se o traballador despedido nunha empresa cunha indemnización moito menor que as da actualidade, tivese a posibilidade de entrar de inmediato en calquera outra empresa nun traballo similar. Pero por desgracia todos somos conscientes de que quen perda un posto de traballo, perciba o importe de indemnización que sexa, vai ter que agardar por outra oportunidade laboral, e o importe que perciba vai ser a garantía de pervivencia durante un tempo que pode ser largo.
É lóxico que a gran patronal abogue polo abaratamento dos despidos, como un elemento para conseguir a flexibilización por todos ansiada. Pero eso non é solución a menos que vaia acompañada de outras medidas garantistas para o traballador de que non vai quedar desamparado. Búsquense solucións imaxinativas que garantan que o traballador non queda desamparado e entón baixen o que queiran ese despido, que ao mellor non debía ser percibido polo traballador senón ir a un fondo que garanta o futuro dos traballadores sen emprego.
Editorial
Editorial


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES