Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Os nosos alcaldes

lunes, 08 de noviembre de 2004
Os concellos son as administracións máis cercanas ós galegos. Son polo tanto os lugares ós que acudimos en primeiro lugar na percura de solución ós problemas. Son, xaque logo, os lugares desde onde máis se incide no ánimo dos administrados, e tal como o concello funcione así teremos a primeira imaxe de como a administración se porta connosco.

Falando onte cun alcalde dos que levan máis de vinte anos no cargo, e especulando sobre próximas consultas electorais, mostrábase confiado nos resultados do seu concello e somente dubidoso nas cidades galegas.

Esa confianza local detéctase en numerosos rexedores que coñecen o seu concello, están feitos á medida del, e por algo renovan a confianza da súa xente ano tras ano. Non son votos capturados os que teñen, son votos gañados limpamente, ano a ano, conversa a conversa, xestión a xestión, que permanecen fieles en tanto esa confianza non se vexa traicionada.

"A ver o que ocorre nas cidades", dicía o alcalde-amigo. As cidades galegas son punto e aparte. Aquí o alcalde non é o xestor-confidente-amigo que da a cara polos seus conveciños. Aquí é outro tipo de administración, moito máis distante que nos pobos. Aquí, nas cidades, vótase ás siglas máis que ás persoas. Nos concellos rurais, por agora e afortunadamente, se "un home é un voto", tamén "un político -ou unha política- é un amigo".

Os nosos alcaldes, moitas veces esquecidos, nunca ben valorados, teñen nas súas mans moitas chaves.

E os que coidan exercer de "amos de chaves", ou se pasan de listos ou non teñen nin idea.
X.X.
X.X.


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES