Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Portas ao campo

viernes, 11 de noviembre de 2011
Temos por imposible, desde tempo inmemorial, que ao campo poidan poñérselle portas, por pura definición. O campo é inmenso, non ten límites, polo que é imposible delimitalo máis ca en pequenas parcelas para usos determinados.
Levando o tema ao terreo futbolístico, é difícil tamén poñerlle portas aos campos, que por definición si son limitados en espacio e o seu acceso está controlado, pero ao ser alcance infinito o que dentro destes terreos ocorre, establecer limitacións que o tempo non teña consolidado tamén resulta dificultoso por non dicir imposible.
As limitacións que a Liga profesional de fútbol pretende establecer para a transmisión dos partidos polas emisoras de radio chega un pouco tarde, a destempo, ademáis de ser inxusta.
COnsolidado está que as emisoras de televisión teñan que pagar o correspondente canon pola transmisión dos partidos, polo negocio que esta actividade xenera, pola atención xeral a estas emisións a escala proporcional á importancia dos equipos e dos partidos, e naturalmente pola voluminosidade dos equipos de trnasmisión que necesariamente teñen que ser autorizados para acceder aos equipos de futbol.
Pero na actualidade onde haxa un teléfono móbil hai unha estación emisora de radio que enlaza directamente cos equipos transmisores da estación radiofónica. E calquera espectador pode convertirse nuns poucos segundos nun correspondente ou colaborador dunha emisora de radio, con imposible control por parte dos propietarios dos campos e un dubidoso dereito a impedírllelo.
Queren os clubes aproveitar todo o posible o ouro que esta singular galiña produce nun tempo malo para a lírica pero excelente para o deporte. E non se dan conta, ou non lles importa, pechar canles de expresión que por outra parte teñen un dereito á información que está garantido expresamente pola vixente Constitución española.
Está o tema nun tira e afloxa, porque os clubes coidaron encontrar unha fonte de financiación que non parece ter moitas posibilidades de funcionar de tal xeito, e menos vontade de facelo. Cando o lóxico sería que estas entidades, endebedadas, entolecidas, convertidas en conxunto nunha das mellores entidades deportivas do mundo nun país mediano e empobrecido, loitasen por manter o negocio fomentando todas as canles de difusión en apoio da súa realidade diaria.
Non se poden poñer portas ao campo. Nin siquiera aos campos de Deportes – ou a estos menos ca a ningún outro – porque o que alí ocorre interesa moi moito que se coñeza de portas a fora para que o negocio de dentro perviva.
Editorial
Editorial


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES