Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Aeroportos

miércoles, 09 de noviembre de 2011
A crise vai tocando sector por sector e deixando a súa marca indeleble de xeito que as restriccións ó investimento das administracións públicas e das macroempresas van deixando unha longa e fonda pegada de conseguintes carencias que á súa vez repercuten nas seguintes.
O impacto é moi forte tamén no transporte aeroportuario, chegando o momento de reestructurar un sector que se coidou non hai moito era estratexico e vital para o desenvolvemento xeral do transporte e particular de cada cidade que conseguía ter en funcionamento un aeroporto.
Non hai moito que a Fundación de Estudos de Economía Aplicada fixo público un estudo sobre os aeroportos españoles, sinalando que só eran rendibles algúns da banda mediterránea da Península, máis Bilbao e dous canarios. Destacaba a existencia de 13, entreles Santiago, que eran deficitarios pero necesarios para a normal marcha do país, e vintesete deficitarios e prescindibles entre os que se encontraban os de Vigo e A Coruña.
Nada pareceu mellorar desde entón, e Albacete, Ciudad Real e Reus deixan de ter funcionamento de transporte de pasaxeiros por deixar o servizo as compañías que o viñan prestando, por non conseguir rendibilizalo a pesar das axudas oficiais para o seu funcionamento.
Polo que aos aeroportos galegos se refire, os tres presentan nesta tempada de inverno unha oferta de transporte de viaxeiros dun total de 728 voos semanais entre entradas e saídas, o que en relación cos 820 de similar tempada do ano anterior ven reflectjr unha baixa da actividade dun 11%, se ben prácticamente se manteñen en Peinador, baixando algo máis en Alvedro e algo menos en Santiago.
A competencia exterior, especialmente de Oporto, ten algo que ver coa baixada que poidan experimentar os aeroportos galegos, e o interese estratéxico de que sigan a funcionar Alvedro e Peinador seguro que preocuparán as autoridades locales respectivas e algo deberán facer ao respecto. Que a crise efectivamente está aí, e toda restricción de actividade trae consigo contención e restriccións en cadea. Pero nin todos os servizos públicos teñen que ser rendibles e case nunca o son, nin se debeu de construir á tola aeroportos en lugar que evidentemente non tiñan futuro.
A todo esto, e a falla de reivindicacións ourensanas neste sector do transporte, Lugo segue a agardar porque o seu aeródromo de Rozas, o de mellor situación e condicións de Galicia, se poida transformar en aeroporto.
Editorial
Editorial


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES