Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Tirar da manta

lunes, 07 de noviembre de 2011
Este ano que os manteiros volveron reinar no San Froilán señoreando desde a porta da Ruanova ata mediado Ramón Ferreiro, comprendemos a imposibilidade municipal de poñer coto a un fenómeno coma este, e ata seguros ficamos os lucenses de que a invasión é tolerada polo sentido humanitario do noso Alcalde. Todo antes que pensar que o concello se atopa inerme diante dunha invasión coma esta.
Teñen os manteiros unha curiosa solución – a necesidade aguza o inxenio- para recoller de inmediato toda a súa mercancía diante dunha fugaz presencia policial: as puntas da manta están unidas con cadanseu cordel e tirando de repente por este queda a manta co seu contido convertida nunha gran bolsa marsupial, só que esta lévase á espalda.
En ocasións de apuro, os manteiros tiran da manta. Que esto non ven ser máis que a aplicación do que habitualmente acaece por eses mundos sociais nos que en caso de apuro, o apurado tira da manta para que se el cae caian tamén algúns máis; para que metendo a varios no mesmo saco pareza minimizarse o asunto e as súas repercusións.
O malo é se a manta, ó tirar, racha. E o que tira da manta parece quedarse a medias, ou non acredita perfectamente o que pretende descubrir.
Magoa que se prorrogase o secreto do sumario e non poidamos enterarnos polo de agora se Dorribo tirando da manta quedou coa manta nas mans, destapou algo, ou só pretendía facer sinais de fume coma cando os antiguos indios americanos se comunicaban pola pradeira.

Tirar da manta está ben, pero cando todos vemos a manta e podemos comprobar se escondía algo ou non. Claro que o tempo no que estamos, no que parece que a que arde é leña verde, porque todo é fume, non é o máis propicio para saber a verdade das cousas. Haberá que agardar.
Xiz, Xulio
Xiz, Xulio


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES