Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Pontevedra é boa vila

miércoles, 03 de noviembre de 2004
A noticia foi recollida polos medios informativos como algo chusco, pero eu tómoa totalmente en serio: Uns policías nacionais de Pontevedra romperon os cristais dun coche aparcado para inspeccionar o interior xa que se apreciaba o que parecía o corpo mutilado dunha persoa.

Está claro que os confeccionadores de maniquíes teñen acadada unha perfección absoluta, á vez que os artistas escultores obteñen de todo tipo de materiais formas que encaixan nos cánones estéticos tradicionais, pero tamén que de cando en cando aparecen novas estremecedoras sobre a aparición de restos humanos nas condicións máis extrañas e espeluznantes.

Mellor é un erro de apreciación, aínda que a Policía teña que resarcir dos danos ó propietario do vehículo que, por comodidade ou por medo a mete-la pata, deixar pasar o que puidera ter transcendencia fatal. E non me extraña que os policías sospeitaran da semellanza da escultura coas formas humanas porque na actualidade a arte parece fuxir dos parecidos ou proporcións, e distanciarse abismalmente dos cánones doutros tempos.

Sobre a arte moderna hai tantos pontífices como entendidos. E todos, a falar de materiais e de texturas, de plasticidade e armonía cando antes -todo era moito máis doado- a simple contemplación do que facilmente se entendía elevaba os espíritus dos admiradores ou arrepiaba polo seu tremendismo.

Pontevedra é boa vila: Aínda é posible equivocarse, pensar mal, e obter un final feliz. Pero os artistas escultores deberán tapar pudorosamente as súas obras cando as trasladen nos seus coches particulares, en evitación de maiores males.
X.X.
X.X.


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES