Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Campaña

viernes, 04 de noviembre de 2011
Xa estamos na campaña electoral, esa que levamos sufrindo ou disfrutando tantos meses, tantas palabras, tantas acusacións. Unha campaña electoral que non tivo un comezo determinado, pero que ten un remate preciso para dar paso á xornada electoral histórica do próximo vinte de novembro.
Poucos consideran que as campañas electorais sirvan para algo, porque os electores cada vez saben mellor o que queren ou a quen queren, e de pouco valen os resultados do traballo dos candidatos ou as mensaxes que estes envíen. A sorte seguro que está xa perfilada, a menos que ocurra neste breve tempo que nos queda ata os comicios algún acontecemento que trastoque de xeito repentino o sosego dos votantes.
Este luns hase producir un debate do que agardan moito os contendentes e os seus partidos políticos, e por todo o país proliferan as xuntanzas mitineiras onde participantes e asistentes din e escoitan o que todos queren oir.
A verdadeira campaña non empezou agora, nin se libra con luz e taquígrafos. A campaña que nos invade está en todo o que nos rodea: nas palabras e nos feitos, no labor de gobernación e no das diversas oposicións, no que se di e no que se deixa entrever. A campaña está xa dentro de todos nós, percibida e asumida, de xeito que cada un de nós é unha mensaxe ambulante, un póster electoral, un mitin. Posiblemente non sexa o mellor sistema para exercer en liberdade o dereito ó voto. Pero é o que temos.
O próximo día vinte sairemos de dúbidas sobre quen vai ter a responsabilidade de buscar saída a unha situación cada vez máis problemática, cada vez máis agobiante. Queda moi pouco tempo. En tanto, todo é campaña, ata nós. Polo menos, aproveitemos o tempo para tr clara a nosa postura diante das eleccións e dos problemas.
Editorial
Editorial


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PROMOCIÓN
PUBLICACIONES
Publicaciones
Publicaciones Amencer
Revista Egap
Obradoiro de Artesania