Blackberry
Cardalda, Theo - jueves, 03 de noviembre de 2011
¿Por qué algúns teléfonos móbiles chámaselle BlackBerry?.
Cando había a escravitude en Estados Unidos, aos escravos negros atábaselle aos pes unha bola negra de ferro irregular, ou sexa non era unha bola perfecta. Esta ía cunha cadea e un grillete, para que non fuxiran polos campos de algodón. Os
amos, para usar un eufemismo, chamábanlle BlackBerry, desta maneira soaba moito máis bonito ao asemellarse a bola aos froitos da familia das Bayas, como o tomate, o pemento o caqui etc. A tradución sería máis ou menos Negrobaya. Ese era o símbolo antigo da escravitude en EEUU.
Nos tempos que corren, a nós, os currantes, non nos poden atar cunha bola de ferro para que non teñamos a idea de fuxir. Non entanto, dánnos un NegroBaya e xa quedamos inalámbricamente atados con ese grillete, que
igual que os escravos, non poden deixar de lado e téñennos atados ao traballo todo o tempo. É o símbolo moderno da escravitude.
Basta ollar como estámos pegados a esta bola todo o tempo: no escusado, no coche, no cine, na cea. Ao durmir non tes maneira de escapar desa chamada do xefeas tres da maña, as mensaxes que deixan rastro non podes dicir que non che chegou ou que non oiches. Márcache citas, horarios; permíteche estar aparvado unha morea de tempo en Internet. Mentres a
familia está reclamándoche porque non lles pos atención. De cando en vez vexo a algúns executivos, políticos, e xente normal nas cafeterías pegándolle a bola como tolos, onde se
senten moi importantes porque o xefe lles regalou o BlackBerry para que non escapen dos campos de traballo.
Estes americanos lévano no sangue. Non podían ter pensado un nome mellor.
(En lembranza a miña querida nai falecida hai uns días).

Cardalda, Theo
Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los
autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora