Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Mellor con Portugal

jueves, 03 de noviembre de 2011
Gregorio Peces-Barba, que entre outros protagonismos na nosa vida política ten o de ter sido Presidente do Congreso e un dos pais da Constitución, desatou iras incontables cando se lle ocorreu dicir no decurso dunha conferencia no Congreso Nacional da Abogacía que “mellor nos tivera ido se no século XVII nos tiveramos quedado cos portugueses e tiveramos deixado que os catalans se foran”.


Moitos políticos pérdense pola boca nun determinado momento e o que pode ser unha frase enxeñosa para divertir ó respectable, resulta converterse na demostración de que todos temos lagoas ou fallas polas que deixar ver a nosa debilidade.

Doeu en Catalunya a frase, pero tamén en xeral na clase política que non entende que gratuitamente se poida ofender a todos os cataláns. Que se en algún momento son difíciles de tratar polas inveteradas reclamacións ou esixencias, forman parte viva do país e teñen demostrado como pobo as vantaxes de pertencer á Patria común por razóns físicas, históricas, económicas e humanas.

Ninguén se parou a pensar na conveniencia do que dixo o profesor en canto a Portugal se refire, xa que España máis Portugal comprenderían unha unidade lingüística e humana, separadas pola política e evidentemente achegadas pola vida, pola natureza, pola necesidade de ser máis para traballar mellor.

Pero se a historia e a política non permitiron este achegamento no decurso do tempo, agora os tempos son chegados e a Unión Europea, que tanto sabe de derrubar barreiras e unir territorios e xentes está achegándonos a Portugal,
confirmando e reforzando os lazos que portugueses, galegos e hispanos fomos establecendo co paso do tempo.

Mellor con Portugal nos tivera ido, si. Pero sen rexeitar a Catalunya; sen rexeitar a ninguén. Entón non foi posible. Agora vai lenta, con todo tipo de atrancos, pero irá porque o camiño do futuro pasa precisamente pola raia divisoria entre Portugal e nós.
Editorial
Editorial


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES