Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

De procedencia bancaria

miércoles, 02 de noviembre de 2011
Un recadro nun xornal galego, publicado por unha inmobiliaria ourensana, anuncia pisos e duplex financiados ao cen por cento, desde 100.000€, con 1,2 ou tres dormitorios, con garaxe e bodega.
Trátase de pisos nun edificio “de procedencia bancaria”, o que sen dúbida quererá dicir que o seu promotor ou propietario non puido rematar de financiar a aventura e o banco quedouse con eles vendéndoos agora a través dunha empresa privada que –ao tratarse do que se trata- pode garantir a financiación total do investimento.
Moitos inmobles que se anuncian deberían proclamar con sinceridade a súa procedencia ou a canle a través da que chegan ó público, pero normalmente non se fai porque é poñer en evidencia a quebra dun sistema e duns procedementos, e o acopio de edificios por parte de entidades bancarias como garantía de préstamos que non puideron chegar a bo fin, que sería a venda ós aspirantes a posuir unha vivenda propia.
Os bancos seguen a ser os maiores detentadores de vivendas en propiedade, tanto polos embargos ós seus propietarios como ós promotores que non chegaron a concluir as obras. E o saneamento das súas contas depende de que se liberen destas cargas non desexadas que lastran o funcionamento normal da súa actividade.
Durante moito tempo tivemos a construcción como o motor da actividade do país, e a caída sufrida do sistema obrigou a buscar novos patróns de creación de riqueza co tremendo lastre que supón o reflote dun sector do que non podemos permitirnos prescindir.
Chegará o tempo en que a construcción volva de novo á vida porque a situación mellore e porque a actividade dos galegos permita ir absorbendo as desmesuras dos últimos anos da accción constructiva. Pero mentras tanto –20 de novembro polo medio- hai que seguir esperando por novos e mellores tempos; por un dinamismo necesario e urxente que nos saque deste marasmo.
Editorial
Editorial


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES