Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

De profundis esclama beat

miércoles, 02 de noviembre de 2011
O profundo clamor viático que o salmista imploraba por pór a súa alma a salvo, ten nestas calendas de novembro a versión repetida de lembrar aos nosos mortos no fondo clamor de restituír ánima en morada eterna e namorada. As lecturas e as fantasías poden ser de moita ou pouca relevancia, o que si e importante regresar ao inicio a onde depositamos os nosos mortos e manter esa simbiose, entre dúas transcendencias, a da vida e a que se revela na morte. O silencio da morte prioriza outro silencio a quen aínda está na vida. Por iso esa fusión é tan íntima e tan puntual en visitar os nosos cemiterios, nos adros das nosas igrexas rurais; nese espacio que os nosos trobadores denominaron sagrado.

Os cemiterios galegos que ocupan ese sagrado, aínda conservan esa benquerencia de atraernos ao redor dos nichos ou das campas mortuorias, deixar flores conmemorando a existencia dos que nos preceden neste trance. Hai moitas maneiras de ofrendar aos mortos en seu día, que tamén será dos que aínda vivimos, depositar un ramiño de flores, pisar sobre a tumba para manter ese contacto, tanto no sentido pagán como no devocional dos crentes. Aínda que para min ten un sentido estrictamente panteísta, polo que contribúe a esa entrega que nos dicta a natureza e polo que significa unha flor tallada que se deposita no espacio fúnebre, e polo que connota ficar murcha.

Hoxe estiven no cemiterio de Merlán, o da miña parroquia, nese lugar de pasaxe onde as humildes sepulturas, os nichos con lousado granítico e os panteóns que propician mais altivez que humildade ou de “sepulcros branqueados”. No meu lento camiñar, as lápidas conmemorando nomes de meus veciños, outra vez mais, a lembrar seus ámbitos, e súas presencias que fixeron convivencia. En moitas das campas non había flores, mais a herba, en seu verdor perenne conmemora vidas anónimas. Esoutra dádiva panteísta que unifica vida coa morte en seu mais profundo clamor.

Gusto moito de pasear polo silencio dos cemiterios e, en particular polo meu de Merlán, e establecer un diálogo coa memoria dos que se foron para ese campo rectangular, onde tódolos silencios teñen un acomodo absoluto; aínda que non é o famoso de Iosefaz, os nosos parroquianos xacen en imperturbábel acomodo e na esperanza de non ser esquecidos. Ese convivio de mortos levoume hai anos a compor un poema que podía ser o das ausencias libertas, ou o das saudades renacidas, que di:

MEMENTO, HOMO,
QUI PULVIS ES ET IN PULVEREM REVERTIRIS

NON interesa o nome do bosque cernado,
nen o do sábrego que bebe nos vosos ollos.

Agora, en po, a ousadía dos pasos
repousa en foresta de esquecido orballo
e irmaos reencóntranse nesta luz
de herbas verdes que silencian nomes.

Trato de lembrar o segredo da irmandade
cun Pai noso para o voso ornamento
no pequeno cemiterio de Merlán.

A totalidade da terra perténcevos,
porque xa non tedes nome,
nin sodes pobres, nin ricos, vaidosos,
bébedos, argallantes, liorteiros ou avarentos.

O silencio atravesa con rigor
polo itinerario da sede.
García, Xosé Lois
García, Xosé Lois


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES