Os partidos partidos
X.X. - martes, 02 de noviembre de 2004
Enriqueta Otero tiña unha definición moi clara dun home que pertencera a un partido político: Un home de partido é un home partido.
Querería decir que cando tomaba parte dunha organización política xa non era na súa totalidade un home libre, enteiro, completo. Querería decir que cando un home -ou, naturalmente, unha muller- entraba nun partido, deixaba parte do eu para entrar a formar parte dun nós.
Polo tanto, un membro dun partido político ten algo de eu -pouco- e moito de nós, co que se suxeita a unha disciplina na que os máximos dirixentes da agrupación representan ó resto dos membros, e polo tanto son os que levan o goberno e as decisións da colectividade.
Dacordo con esto, é verdade aquelo de que o que se move, non sae na foto. Dacordo con esto, quen se sale das regras do xogo -poñamos por caso Rivas Fontán- queda suspenso das súas funcións, ou se vai fóra da agrupación, forzosa ou voluntariamente.
Dacordo con esto, ten razón Núñez Feijóo en chamar "descortés" a quen diga que hai que seguir furgando na sucesión do presidente Fraga..
Dacordo con esto, o lóxico é que Fraga houbese acadado o 100% dos votos no recente Congreso, porque non hai ninguén no Partido que vote contra del. Pero só tivo o 95% porque o 5% restante, tamén favorable, tivo que ser anulado ó recoller as papeletas insultos a Baltar e Cuíña.
Alguén neste tema vai por libre. Alguén sáese do guión. Alguen parte o Partido, unha entidade que por principio non debe poder fraccionarse en partes. É (debe ser) indivisible.
Os Partidos partidos son a antítese do ideal da súa estructura. ¡Ai dos que partan un partido!. Acabarán sendo reos da súa propia partición.

X.X.
Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los
autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora