Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

“Halloween”, “Samaín” ou Defuntos

lunes, 31 de octubre de 2011
Nunha primeira lectura poden semellar a mesma celebración con idéntica mensaxe. O “Halloween” ou “Samaín” efectivamente é unha festa ancestral, evocadora do mundo do máis alá, de orixe celta, exportada a Norteamérica e de novo importada ao noso ámbito cultural.

Sería una pena que, sen máis, nos deixáramos invadir por estas modas e modos de pensar ante o misterio da morte.

Precisamente no calendario do Ano Litúrxico a Igrexa recórdanos nestas datas que nos debemos sentir alegres e agradecidos pola multitude incontable de persoas, coñecidas ou non, que nos
precederon nesta vida e que agora xa non están con nós.
Moitos de deles, por non dicir a inmensa maioría, son os “santos” que xa participan plenamente na resurrección de Cristo.

Ser “santo” é ser “benaventurado”, e “benaventurado” é o mesmo que “feliz”: eles viven, xa para sempre, a felicidade e a dita que só Deus, “o Santo dos santos”, nos pode regalar.

Esa é a esperanza que temos os cristiáns e que celebramos nestes días primeiros de novembro. Non son días para vivir con medo e con tristura.

Tampouco para xogar ou facer un divertimento a costa do “máis alá”. Santos e Defuntos son días de loanza e acción de grazas por tanta xente de ben que pasou por esta vida e agora viven “doutra maneira” para Deus. Esta é a nosa meta e a nosa esperanza.
Rodríguez Basanta, Antonio
Rodríguez Basanta, Antonio


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES