Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

O renacer galego de Chao Rego

viernes, 29 de octubre de 2004
Xosé Chao Rego, teólogo vilalbés da colleita de 1932, recibe homenaxe en Compostela. Merecida homenaxe por tanta vida adicada ós demáis, á Igrexa, a Galicia.

Seus pais tiñan en Vilalba da Terra Chá o Hotel Chao, onde O Vello Chao gobernaba un pequeno reino polo que pasaban embaixadores de todo o mundo.

O Vello Chao tentou organizarlles a vida ós dous fillos, dacordo coas aptitudes de cada quen. A Ramón Luis, destinábao a ser no mundo da música unha mestura de Chopín, Iturbi, Beethoven e Furtwangler (Ramón Luis dixit). A Xosé, como mínimo Bispo da Igrexa. E desde moito antes de ser crego, tiña na bodega do hotel unha partida de viño para celebrar como se merecía aquel acontecemento no momento en que se producise.

O Vello Chao, a pesar de todo, hoxe estaría contento sabendo que se ben o seu fillo Ramón Luís non chegou a figurar nos 40 Principales, sí seu neto Manu Chao deu a volta ó mundo coas súas cancións.

Hoxe, sen dúbida, sería feliz sabendo que se ben Xosé non chegou a bispo, foi na Igrexa galega o máis destacado especulador teórico, fixo "renacer galegos" a milleiros dos nosos conveciños, chegou ser home xeneroso, bo e pacífico, casou e é feliz; e ten o respecto de tódolos que cren ou queren crer, pola súa inquedanza en pescudar nos eidos da fe.

Hoxe, en Santiago, chove galeguidade mesturada con fe na honra de Xosé Chao Rego. Hoxe, o que vai "Camiñando a Compostela" comproba que "Os tempos son chegados" porque hai quen investigou os misterios da auga e do lume; porque foi Chao Rego quen deu luz "Para comprendermos Galicia"; porque moito se debe a Xosé deste renacemento galeguista na tradición e na fe.

Noraboa, benquerido amigo Xosé, vilalbés que non chegou a bispo como seu pai quería; vilalbés que chegou a Home grande e sabio.

Gracias, Xosé Chao Rego, pola vida e polo exemplo; polo sorriso e pola esperanza; pola paz e pola fe.
X.X.
X.X.


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES